Margen Fotografía, Fotógrafos
01. Vista xeral do Salón Verde coas persoas participantes na asemblea sentadas ao redor da mesa. En primeiro plano, de costas, Carlos García Martínez e Mª Xosé Fernández Cerviño. Á esquerda, socias e socios participantes entre os que se atopan Xosé Carlos Sierra Rodríguez, Mª Xesús Fortes Alén, Xoán Ramón Marín Martínez, Manolo Vilar Álvarez, Fátima Braña Rey, Xaquín Rodríguez Campos, Xulia Vázquez Randulfe e Belén Sáenz-Chas. Á dereita, a presidencia da mesa.
02. Outra vista xeral da sala coas persoas participantes sentadas ao redor da mesa e coa presidencia da mesma de costas.
03-04. Mesa presidencial da asemblea de socias e socios formada por Fernando Acuña Castroviejo, Clodio González Pérez, Luciano García Alén, Don Antonio Fraguas, José Fernández, Manuel Caamaño Suárez
05. Clodio González Pérez falando con José Fernández, con Luciano García Alén, Antonio Fraguas e Manuel Caamaño mirando.
06-09. Visita a exposición "Galicia, as orixes dunha cultura" das persoas participantes na asemblea ao remate desta
Margen Fotografía, Fotógrafos
01-06. Sesión inaugural do Encontro. Sentados na mesa, Xerardo Pereira Menaut, ¿?, Antonio Fraguas Fraguas, Carlos Villanueva e Rodrigo Romaní
07-08. Sesión da primeira sección dedicada á Música Tradicional, coa intervención de Clodio González Pérez, Rodrigo Romaní e José Luis Calle
09-10. Sesión da terceira sección baixo o título Das orixes ao clasicismo, coas intervencións de José López-Calo e Carlos Villanueva, acompañados na mesa por Xerardo Pereira Menaut
11-12. Sesión da cuarta sección dedicada á Manifestación de Nacionalismo Cultural, coa intervención Joaquina Labajo, Luis Costa Vázquez-Mariño e Josep Martí
Lobato, Xurxo, 1956-, Fotógrafo
01-03. Acto de inauguración da exposición con intervención dos e das fotoxornalistas participantes na exposición, coa presencia por parte do museo, do patrón. Rafael Baltar Tojo
04. Imaxe do acto de inauguración co personaxe "Zapatones" de costas no primeiro plano
05. Os patróns do museo Luciano García Alén, Rafael Baltar Tojo e Clodio González Pérez
06. Aurichu Pereira e Xosé Manuel Beiras Torrado charlando con Rafael Baltar Tojo
07. Domingo Bello Janeiro, catedrático de Dereito Civil, Javier Otero Llovo, xornalista de Radio Galicia-Cadena Ser e Dositeo Rodríguez Rodríguez, concelleiro do PPdeG de Santiago de Compostela.
08-10. Público asistente á mostra