Acta do acordo tomado por Benigno de la Riva, Jacobo García e Manuel García Blanco, en representación de `Viuda e Hijos de Simeón García` e Ambrosio Herrreros en representación de Adelaida Herreros. É copia.
Documento xustificante da entrega a Darío Acuña Lagos, de oito exemplares do seu libro `Cuentos para el otoño`, cun importe de 71.97 euros.
Documento xustificante da entrega a Darío Acuña Lagos, de oito exemplares do seu libro `Cuentos para el otoño` e dez de `Nueve cuentos para nueve noches`
Autos de posesión das terras de Alonso de Azebedo pola Dignidade Arcebispal de Santiago, ao acabar o foro que delas tiña. Son as fegresías de San Saturnino de Goiáns, San Martiño de Miñortos, Santa María de Nebra, San Vicente de Noal, Santa María de Xuño, San Pedro de Baroña, Lugar de Salmon, San Xulián de Artes, San Vicente de Cespón, San Xoán de Maceda e San Andrés.
Carta de Agustín Ungría Castro, director de `El Formento Industrial y Mercantil`, a Jenaro Blanco confirmando o envío do certificado da última vontade e partida óbito de Adelaida Herreros.
Carta de Ambrosio Herreros a Ricardo Blanco-Cicerón sobre os terreos de Fruime e Barcos, nos que lle indica a intención do caseiro de comprar os mesmos. Inclúe borrador de notas.
O remitente, avogado solicita a Ricardo Blanco Cicerón unha recomendación no asunto da `Quiebra Deza`.
O remitente comenta que un terceiro sigue moi interesado en conseguir tres acibeches de Santiago Apóstolo de Ricardo Blanco-Cicerón. Eladio Oviedo Arce solicita copia das fotografías do Hospital e agradece outra que lle manda do cruceiro da súa propia casa.
O remitente comenta que un terceiro está interesado en conseguir uns acibeches de Blanco-Cicerón. e pregunta polas fotografías do Hospital prometidas.
A remitente, solicita de Ricardo Blanco Cicerón, colaboración económica para sufragar os gastos de exame do seu fillo Xesús Moreno, estudante no seminario
O remitente, informa a Ricardo da súa próxima visita a Santiago para disfrutar das festas do apóstolo, e solicita lle facilite billetes para poder aistir aos distintos espectáculos
O remitente, comunica ao destinatario a súa conformidade coa realización do tributo-homenaxe aos mártires da tradición galega
O remitente comunica o envío de fotografías da zona para incluir na Exposición Regional Gallega de 1909.
Confirmación de cobro por parte do prior do mosteiro, frei Álvaro de Santiago, polas misas en favor de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago. Inclúe tamén tres documentos anteriores, nos que Rodrigo de Moscoso, arcebispo de Santiago, reclama o pago de misas aos testamentarios do deán. O documento remata coa fórmula da excomuñon, ou fórmula cominatoria, empregada de xeito habitual.
O remitente ofrece vender unha edición de `Descripción del antiquísimo Reyno de Galicia y de su nobleza` que en principio vaise expoñer na Exposición Regional Gallega de 1909. Envía outros documentos referentes a Noia, que tamén quere vender, un crucifixo, posible autoría de Ferreiro
O remitente comunica que envía varias pezas para a Exposición Regional Gallega de 1909
O remitente informa a Ricardo sobre o prezo (100 pesetas) e estado de conservación do mapa de Domingo Fontán, ademais, dun catálogo de libros para que escolla Ricardo
Instancia, providencia, cédula de emprazamento e cédula de citación para o caso de `incidente de pobreza` de Felipe Pardiñas Castro contra Adelaida Herreros e a sociedade Hijos de Simón García, representada polo seu apoderado Ricardo Blanco-Cicerón. Son catro documentos, un deles copia.
Cédula de citación para inscribir a casa núm. 4 moderno e 5 antigo, da rúa de Campanas de San Juan de Santiago, a favor de Ignacio y Felipe Martínez y Martínez, párrocos de Loureda en Arteixo e Céa en Vilagarcía, e de José e Carmen Martínez. Dita casa está rexistrada a nome de Antonio Martínez García e está gravada cunha pensión foral de 137 pesetas para Adelaida Herreros.