Ver nivel superior
Adolfo Llovo escribe a Amando Castroviejo para confirmar hora e día para unha conferencia no Círculo Artístico Mercantil de Vilagarcía.
O remitente comenta o que fan en Vilagarcía tras un pasamento na familia non especificado
O remitente, Arturo Rodríguez de la Fuente, agradece a Ricardo Blanco-Cicerón a súa recomendación para traballar como contable mercantil.
O remitente escribe a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o transporte dunhas vigas por vía marítima desde Cesures
O remitente, informa a Ricardo sobre varios obxectos de coleccionismo pertencentes a Francisco Pazos que interesan a Cicerón, entre eles: beléns, unha araña, dúas cadeiras de brazos, dous cadros, un bargueño, dez cadeiras e catro rinconeiras. Respecto aos bronces romanos e visigodos non os vende.
O remitente agarda que lle comuniquen a Blanco-Cicerón o seu interese na colección de moedas gregas deste, xa que lle gustaría mercar algunha ou en todo caso trocalas por romanas, cartaxinesas ou bizantinas
O médico de Vilagarcía, José Viqueira informa a Cicerón sobre a súa colección de moedas e pide visitar a Ricardo para coñecer a del. Xunto a súa carta envía carta en francés e factura en inglés da casa de antigüidades de Londres `Spink & Son` sobre a compra de dúas moedas, Babylonia Stater a Neapolis Sidrachum
O médico de Vilagarcía, José Viqueira, pregunta a Cicerón sobre si ten un As Triens, moeda que lle falta ao médico para completar a colección de Ases romanos. Para compra ou intercambio por outra de interese para Ricardo. Inclúe folla con debuxo da moeda e o sobre.
O remitente escribe a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o transporte dunhas vigas desde Cesures.
O remitente informa sobre a existencia dunha ara romana da zona e inclúe un debuxo da mesma, por si fora de interese para a Exposición Regional Gallega de 1909.
Carta do corresponsal en Vilagarcía dirixida á Comisión xestora da Exposición Regional Gallega de 1909, preguntando pola existencia de comisionados en Rianxo, A Pobra, Cambados e Caldas. Ademais suxire que poidan utilizar o timbre da Sección Arqueolóxica no envío de correspondencia.
O remitente ofrece a Blanco-Cicerón uns gravados de Alberto Durero
Carta dunha venda de Juan Gonzalez, de Vilagarcía de Arousa, ao seu irmán Diego de Canabal e a Isabela Vázquez, de Vilanova de Arousa.
O remitente solicita información sobre un pano prestado para a Expsoción Regional Gallega 1909 e que ainda non foi devolto. Insta a preguntar a Ricardo Blanco-Cicerón por dita peza e hai inha nota manuscrita deste no reverso.
Plano xeral dun edificio de madeira construído sobre pilotes nunha praia. O edificio consta dun pavillón central poligonal e de dúas longas galerías a cada lado, remantando noutros pavillóns cuadrangulares.
Cédula de citación para inscribir a casa núm. 4 moderno e 5 antigo, da rúa de Campanas de San Juan de Santiago, a favor de Ignacio y Felipe Martínez y Martínez, párrocos de Loureda en Arteixo e Céa en Vilagarcía, e de José e Carmen Martínez. Dita casa está rexistrada a nome de Antonio Martínez García e está gravada cunha pensión foral de 137 pesetas para Adelaida Herreros.
Pequena axenda-calendario da firma `Céltica`, de Eduardo García Reboredo, unha fábrica de productos industriais de Vilagarcía de Arousa
Vista xeral dunha comitiva nunha alameda. Formando un corredor, hai varias persoas con longos remos levantados, que franquean varias carruaxes.
Conta da `Fábrica de mosaicos hidáulicos` de M. Carlos Butsems & Fradera pola subministración de mosaicos para a Casa da Senra
Factura de Francisco Villalonga a Simeón García por unhas ligas.