O remitente envía a Ricardo Blanco-Cicerón a póliza de seguros contra incendios con `La Unión Comercial` para as obras da Casa da Senra. Tamén menciona as condicions dunha póliza para o Manicomio; sen dúbida refírese ao de Conxo que está en obras neses momentos e do que a Sociedade `Viuda de Simeón García e Hijos` é benefactora.
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón sobre as condicións dunha póliza de seguros contra incendios con `La Unión Comercial` para as obras da Casa da Senra.
Apolinar García escribe a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unhas pólizas de seguros con Viuda e Hijos de Simeón García tanto para a súa casa como para o manicomio de Conxo que está en construción.
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unha póliza de seguros contra incendios con `La Unión Comercial` para as obras da Casa da Senra.
E. Muñoz y Guillén agradece a Ricardo Blanco-Cicerón o seu informe sobre José Romay Barral.
Por indicación de Tomás Bargiela, E. Muñoz y Guillén escribe a Ricardo Blanco-Cicerón pedindo referencias sobre Alejandro González Salgado, de A Coruña, xa que está recibindo unha pensión da mutua e queren saber se a precisa realmente.
Por indicación de Tomás Bargiela, E. Muñoz y Guillén escribe a Ricardo Blanco-Cicerón pedindo referencias sobre José Romay Barral, de Pontevedra, xa que está recibindo unha pensión da mutua e queren saber se a precisa realmente polo seu estado de saúde.
Roberto Martínez Baladrón escribe a Ricardo Blanco-Cicerón agradecido polas súas referencias a Tomás Bargiela que lle axudaron a colocarse como médico na Asociación Española de Socorros mutuos de Bos Aires.
Publicidade da compañía de seguros La Equitativa.
Póliza de seguros da compañía `La Unión Comercial` para a Casa da Senra para un período de 10 anos. Adxunta á póliza, os recibos dos anos 1897-1904, dúas cartas do axente da compañía acompañando dous recibos e un suplemento de aclaración con selo e timbre.
Póliza de seguros contra incendios da compañía `La Unión y el Fénix español` para a casa en construción da na rúa da Senra.
Póliza de seguros contra incendios da compañía `La Unión y el Fénix español` para a casa en construción da Rúa da Senra.
Póliza de seguros contra incendios da `La Unión y el Fénix Español` para dez anos dunha casa que Ricardo Blanco-Cicerón ten na rúa Teide da cidade Tui.
Póliza de seguros contra incendios da compañía `La Unión y el Fénix español` para as madeiras da casa en construción da Rúa da Senra.
Póliza de seguros da compañía `La Unión` para a casa da Rúa Alfolies de Tui de 1879 a 1889. Adxunta a póliza o recibo do ano 1884.
Resgardo da póliza da `Sociedad de Seguros Mútuos contra Incendios de la ciudad de Santiago` para a Casa da Rúa Nova. Adxunta o recibo do ano 1892 e o resgardo dun pago do ano 1901.
Pólizas da `Sociedad de Seguros Mútuos contra Incendios de la ciudad de Santiago` para a Casa da Senra. Adxunta ás pólizas dos anos 1892 e 1907, os recibos dos anos 1892, 1894, 1897, 1901 e 1907.