Bando do Alcalde accidental de Santiago, Víctor García Ferreiro, sobre o abastecemento de augas na cidade, aprobado polo alcalde Máximo de la Riva, falecido uns días antes sen tempo de asinar o documento preciso.
Billete da Invitación do Ateneo León XIII a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir á velada homenaxe a Antonio López Ferreiro organizada no Seminario. Asinado por Máximo de la Riva García como Presidente da entidade.
O remitente, Secretario Xeral da Xunta Central, autoriza a realización dunha copia fotográfica dun cadro co número de inventario 157, exposto na Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente, Secretario Xeral do Comité Executivo da Exposición Regional Gallega, participa de unha carta recibida da Cámara de Barcelona e a súa importancia
O remitente pide a Blanco-Cicerón que prepare un encontro xunto a Pedro Pais con Benito García xa que este traballa nuns terreos de interese para a celebración da Exposición
O Alcalde de Santiago, Máximo de la Riva, convoca a Ricardo Blanco Cicerón, para constituir a Xunta Municipal
Invitación do Ateneo León XIII a Ricardo Blanco-Cicerón, como representante das Sociedades de Arqueología de Orense y Pontevedra, para asistir a unha velada homenaxe a Antonio López Ferreiro. Asinado por Máximo de la Riva García como Presidente da entidade.
Orzamento detallado das obras de rehabilitación que se proxectan no edificio San Clemente para ser a sede da Exposición Regional Gallega de 1909, asinado polo presidente e polo secretario da sección, Pedro Pais Lapido e Máximo de la Riva. Inclúe as condicións de subasta para o posible contratista das obras.