Borrador dunha carta de presentación dirixida aos gobernadores civís de Zamora e León instando á colaboración para a Exposición Regional Gallega de 1909. Non está asinado, supónse Pedro Pais Lapido polas atribucións
O remitente, xefe do Museo de León, confirma o envío de obxectos para a Exposición Regional Gallega de 1909, e xunta inventario con notas das pezas. An. Ms. `Cont. 31 jul`
O remitente, deán de Zamora, informa que a comisión creada para a busqueda de obxectos para incluir na Exposición Regional Gallega de 1909, creada polo bispo, non atopou ningunha peza para enviar a Santiago. Anotación manuscrita `Cont. 2 jul`
O remitente, bispo de Zamora, informa que o retrato solicitado así como unha colección de caixas serán enviadas a Exposición Regional Gallega de 1909, pero indica tamén que deberán de ir acompañadas dun emisario propio.
O remitente, bispo de Zamora, comunica a súa intención de participar na Exposición Regional Gallega de 1909 co envío de obxectos, creando unha comisión de valoración
O remitente, bispo de Zamora, informa da debida recepción da peza prestada para a Exposición Regional Gallega de1909, así como o talón de envío, e felicita polo éxito acadado
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Arquetas e bote da catedral de Zamora sobre fondo de tea escura. A da esquerda contén inscricións árabes e figuras humanas (engadido posterior á fabricación da peza). A da dereita é o Bote de Zamora, peza de marfil e prata, ornado con inscricións árabes ademais de pavos reais, gacelas e paxaros. A arqueta central, con asa, tamén ten inscricións árabes, é prismática e con tapa de forma piramidal truncada, decorada con animais afrontados dentro de formas cuadrifolias bordeadas de sogueado, e anxos nos lados da tapa (engadido posterior á peza)