Registros encontrados: 31 Total Páginas: 2
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.05 - Documentos alleos
01.07.05.01 - Exposición Regional de 1909-Sección Arqueoloxía
01.07.05.01.02 - Correspondencia do Comité
RBC/Caixa160-03 - Salvador Cabeza de León

1909-05-28
1 folla(s) 21 x 13 cm.

En: RBC/Caixa160-03 - Salvador Cabeza de León

O remitente asegura ao alcalde de Porto do Son que as pezas da igrexa de Queiruga que se exhiban na Exposición Regional Gallega de 1909 en Santiago, volverán ao seu lugar orixinal unha vez rematada a exposición

RBC/Caixa160-03//85
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES

Familia Lojo Lestón, produtor
1883 / 1940 1883

En: 01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES

Se trata de documentación variada pertencente na súa meirande parte a Carlos Maneiro e o seu sobriño Carlos Fernández Maneiro, alcalde, naturais de Porto do Son, fomentadores de salga e propietarios. O conxunto documental está acompañado de libros, fotografías, debuxos e outras pezas para a Colección do Museo

01.32
contén (1)
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 84 x 52 mm. sobre cartón de 102 x 61 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de escuro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido nun moño na parte superior da cabeza. O corpo do traxe é axustado e de colo alto; a faldra vai adornada cun bordado de aplicación negro na parte baixa e nun lateral. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado e unha columna.

FLL/Foto-19//12
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Photographia Moderna, Fotógrafos (Porto) Cyrne, Leopoldo
1890 / 1900
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 88 x 56 mm. sobre cartón de 108 x 68 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Busto de fronte dun home de idade avanzada, calvo e imberbe. Viste chaqueta negra sobre camisa branca.

FLL/Foto-19//14
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.02 - Rosa González Queiruga

Guyard Hermanos, Fotógrafos Guiard Burgalat, François Guiard Burgalat, Joseph
1869, ca
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 85 x 56 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm.

En: 03.06.02 - Rosa González Queiruga

Retrato de dúas nenas, de pé a ambos lados dunha cadeira onde está sentado un neno de menor idade. As nenas van vestidas cunhas saias claras e unhas chaquetas escuras, sobre as que destacan uns colos brancos. O neno leva unha chaqueta e un pantalón escuros adornados con borlas.

RGQ/Foto-18//03
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

1932-12-27
1 postal fotográfica (s) Positivo en branco e negro 85 x 75 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller nova sentada nunha cadeira, co respaldo posto lateralmente. Leva o pelo curto e peiteado a base de ondas e leva un vestido floreado. O seu brazo dereito vai apoiado sobre o respaldo da cadeira. Detrás, tres grandes macetas con plantas e na parede unha especie de mantón bordado con flores.

FLL/Foto-19//21
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Photographia Moderna, Fotógrafos (Porto) Cyrne, Leopoldo
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 93 x 62 mm. sobre cartón de 104 x 64 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dun home de pelo curto e bigote. Viste un longo gabán sobre un chaleco e unha camisa branca con gravata de lazo e leva pantalón longo de cor negra. O seu brazo dereito vai domeado, agarrando o borde do gabán á altura da cintura; o esquerdo vai apoiado nunha cadeira con respaldo ao aire cun motivo vexetal tallado e calado no centro. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha parede con zócalo panelado.

FLL/Foto-19//13
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Guyard Hermanos, Fotógrafos Guiard Burgalat, François Guiard Burgalat, Joseph
1869 / 1870 1869
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 93 x 59 mm. sobre cartón de 105 x 63 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato dunha nai con dous fillos. A nai, vestida ao estilo romántico, está sentada nunha cadeira. Leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza. Viste unha chambra escura con raias branca e colo camiseiro, abotoada por diante e unha saia branca de moito voo. Ao seu carón, recostado sobre a súa perna, está o neno máis pequeno, vestido cun mandilón branco; a nai pousa a súa man sobre o ombreiro do neno. A esquerda está o neno máis grande, vestido con camisa branca, chaqueta clara e pantalón máis escuro, calzado con botas e polainas. Entre as man sostén un caderno aberto. Detrás, unha parede panelada

FLL/Foto-19//06
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 91 x 56 mm. sobre cartón de 111 x 60 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato dun sacerdote de corpo enteiro, co pelo moi curto e imberbe. Viste sotana e capa e sobre o peito unha muceta branca, correspondente á licenciatura en Teoloxía. No lado esquerdo hai un velador de pé torneado e mesa redonda no que descansa un libro e sobre el o barrete. O cura sostén na man un libro pechado que apoia no velador. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe apenas visible e no lado esquerdo unha cortina.

FLL/Foto-19//07
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.02 - Rosa González Queiruga

1890, ca.
1 fotografía(s) mignon álbum Positivo en branco e negro 55 x 36 mm. sobre cartón de 66 x 45 mm.

En: 03.06.02 - Rosa González Queiruga

Busto dunha muller en 3/4 á dereita, co pelo recollido, vestida cun traxe escuro adornado no colo e no peito cun volante voluminoso

RGQ/Foto-18//06
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Photographia Moderna, Fotógrafos (Porto) Cyrne, Leopoldo
1890 / 1900
2 fotografía(s) cabinet Positivo en branco e negro 143 x 100 mm. sobre cartón de 166 x 107 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Busto de fronte dunha muller de pelo rizo, con varios caracois sobre a fronte, recollido na parte posterior da cabeza cunha peita. Viste de escuro e leva no pescozo un pano anoado e sobre el, unha cruz.

FLL/Foto-29//12
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

1860 / 1899
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 92 x 58 mm. sobre cartón de 104 x 64 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Busto feminino en 3/4 á dereita, dunha moza co pelo peiteado con raia ao medio e recollido en dúas trenzas. Viste unha chambra de cor clara adornado cunha dúas cintas máis escuras no peito. No pescozo leva unha cinta negra da que pendura un camafeo

FLL/Foto-19//20
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Photographia Moderna, Fotógrafos (Porto) Cyrne, Leopoldo
1865 / 1868 1865
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 94 x 58 mm. sobre cartón de 104 x 65 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller nova, peiteada co pelo dividido á metade con raia ao medio e recollido en dúas trenzas. Leva pendentes longo de forma triangular rematados nunha roseta. Vai vestida cunha chaqueta negra de amplas mangas recollidas nun puño adornado con veludo. Sobre o peito, un mantón de longos flocos anoado na parte dianteira sen cruzar. Leva un amplo mantelo cun gran rodo de veludo. Leva o seu brazo esquerdo domeado, apoiando a man á altura da cintura; a man dereita vai apoiada sobre un aparador no que descansa un floreiro cun ramo. Detrás, unha parede panelada

FLL/Foto-19//15
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.02 - Rosa González Queiruga

Guiard Burgalat, Joseph, 1842-1878, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
1871 / 1875 1871
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 87 x 56 mm. sobre cartón de 101 x 62 mm.

En: 03.06.02 - Rosa González Queiruga

Retrato dunha muller de corpo enteiro, vestida cun traxe escuro ao estilo polisón, sostendo un libro entre as mans. A esquerda, unha cadeira de alto respaldo tallado e torneado. Detrás, un pano de fondo que debuxa a varanda dun balcón e unha cortina recollida nun lado.

RGQ/Foto-18//04
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.02 - Rosa González Queiruga

Segond, Eliseo, 1831-d.1892?, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
1866 / 1868
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 91 x 56 mm. sobre cartón de 106 x 63 mm.

En: 03.06.02 - Rosa González Queiruga

Retrato dunha muller de corpo enteiro, vestida cun traxe claro de dúas pezas ao estilo romántico, co brazo esquerdo apoiado nunha cadeira co respaldo tallado.

RGQ/Foto-18//05
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 85 x 53 mm. sobre cartón de 102 x 61 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de escuro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido nun moño na parte superior da cabeza. O corpo do traxe é axustado, adornado con satén no colo, na abertura e nos puños; a faldra vai adornada no dianteiros cunha peza de damasco. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado.

FLL/Foto-19//11
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 86 x 58 mm. sobre cartón de 105 x 65 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de negro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza. O corpo do traxe é axustado, con mangas mixtas, moi voluminosas no brazo e axustada no antebrazo. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado.

FLL/Foto-19//10
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
1890 / 1900
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 86 x 58 mm. sobre cartón de 105 x 65 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Busto feminino en 3/4 á esquerda dunha muller co pelo recollido na parte posterior da cabeza. Viste unha chambra negra de colo alto adornado con agremán bordado e cun gran volante bordado sobre o peito.

FLL/Foto-19//09
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.02 - Rosa González Queiruga

Sociedad Fotográfica La Ambulancia Norte, Fotógrafos.
1890
1 fotografía(s) mignon álbum Positivo en branco e negro 52 x 36 mm. sobre cartón de 66 x 45 mm.

En: 03.06.02 - Rosa González Queiruga

Busto dunha moza co pelo recollido, vestida cun traxe claro con colo e canesú brancos. No reverso leva litografada a parte posterior dun vagón de tren ou de tranvía.

RGQ/Foto-18//07
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Guyard Hermanos, Fotógrafos Guiard Burgalat, François Guiard Burgalat, Joseph
1869 / 1870 1870
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 85 x 54 mm. sobre cartón de 103 x 62 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida cun traxe escuro e peiteada co pelo dividido en dúas metades e recollido en dúas trenzas na parte posterior. Leva pendentes de maza. No corpo viste unha chaqueta escura, con adornos de agremán bordado nos puños; sobre o peito, un pano de seda adamascada anoado no peito sen cruzar. Leva un mantelo de moito voo cun ancho rodo de veludo e dúas tiras de agremán bordado todo ao redor; da tira superior caen uns perendengues a xeito de borlas con flocos. Nunha man sostén unha flor e a outra vai apoiada nunha cadeira isabelina con respaldo ao aire. Detrás, unha parede panelada.

FLL/Foto-19//05
Página: 1/2