Convenio ante o notario Ildefonso Fernández entre José Pimentel Aller e os seus acreedores para que o primeiro lles devolva os seus créditos, tanto aos presentes coma aos non presentes, dada a mala situación do seu negocio, para saldar todas as débedas enumeradas.
José Cardalda como escribán do xulgado de Santiago certifica que polo caso de Jorge de la Riva contra Ramón Gallego se embarga unha casa no mercado vello da cidade e se crea unha administración xudicial que preside Ricardo Blanco-Cicerón para administrar a renta á que contribuirá Jesús Rey, o cal leva o arrendo da casa.
Recibo do pago feito por Jorge de la Riva (cuñado de Simeón García) por unhas misas de fundación da igrexa de Vaamonde en 1867.