Ver nivel superior
Proxecto do arquitecto Juan de Ciórraga para a Casa da Senra.
Vista da ábsida dunha igrexa románica, de estrutura poligonal, vai decorada por dous arquiños apoiados en anchas pilastras, nas que vai pegada unha semicolumna con capitel que sustenta a cornixa. Destacan os canzorros historiados.
Vista detalle da ábsida dunha igrexa; construción de planta semicircular con tres ventás con arco de medio punto sobre columniñas de capiteis animados, sillería con abundante argamasa e canzorros baixo o tellado
Vista xeral da cabeceira dunha igrexa; construción rectangular cos muros encalados e tellado a dúas augas. Inscrita nun recinto pechado cun cruceiro e con acceso mediante escaleiras decoradas con pináculos e bolas
Maciñeira y Pardo de Lama, Federico, 1870-1943
Vista xeral de ábsida gótica con arcos apuntados e estilizados contrafortes, con muro pegado de diferente fábrica.
Vista detalle da ábsida dunha igrexa; construción de sillería granítica e planta semicircular lixeiramente alargada con dous corpos; no superior, dous vanos estreitos e rectangulares a mais dun ventá con arquivoltas decoradas con `taqueado` sobre columniñas de capiteis vexetais, con canzorros baixo o tellado
Vista xeral da aldea de Piornedo con varias pallozas de cuberta vexetal e os hórreos cuadrangulares sobre catro pés e cuberta vexetal. Ao fondo a serra dos Ancares.
Vista detalle da aldea de Piornedo con varias pallozas de cuberta vexetal, e cinco vacas nun camiño entre valados de pedra. Ao fondo a serra do Ancares.
Interior da igrexa do mosteiro, con retablo barroco. Destacan catro homes de seonllos rezando ante o altar e unha muller sentada nun dos bancos laterais.
Vista xeral do lateral dunha igrexa con muros de sillería; alzado con dous corpos con arcos de medio punto, macizos contrafortes e tellado a dúas augas. Na planta baixa, porta con arco lobulado; no andar, ventás con arcos, sobre estilizadas columnas e vanos moi estreitos
Composcición de dúas fotografías; na esquerda un tramo do alzado da nave, con escala e lenda. Na dereita, tramo dunha bóveda da nave sur, con escala e lenda.
Plano dos alzados de 2 alturas e salas nun edificio para a Exposición Regional Gallega de 1909
Plano dos alzados de 3 alturas e salas de mostras para a Exposición Regional Gallega de 1909
Anotación das varas cúbicas de cachotaría a empregar na obra do cuartel de Santa Isabel, asinadas polo arquitecto e polo capataz maior, especificando distintos alicerces, muros e paredes.
Cartel para a difusión do anteproxecto do Museo do Mar de Galicia deseñado por Aldo Rossi e César Portela para Vigo. Deseño de Eloy Lozano
Cartel da mostra sobre a cidade de Pontevedra celebrada no claustro do Convento de San Francisco. Reproducción dunha obra de P.M. Baldi de 1669 conservada na Biblioteca Medicea Laurentiana de Florencia
Comunicación do rexente da Real Audiencia do Reino de Galicia, sobre a libranza de cartos para pagar os traballos xa realizados nas obras do cuartel de Santa Isabel, polo arquitecto e polo enxeñeiro militar, Miguel Marín Truq
Comunicación do rexente da Real Audiencia do Reino de Galicia, sobre a libranza de cartos para pagar os traballos xa realizados polo arquitecto nas obras do cuartel de Santa Isabel
Auto asinado polo rexente da Real Audiencia do Reino de Galicia para as obras do cuartel de Santa Isabel
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Vista da igrexa de San Jorge. Fotografía de Ortiz Echagüe