Relación das partidas de bens inmobles asignadas para Herminia García de la Riba, con cinco cupos con diferentes partidas. Inclúe un borrador de 4 follas numeradas do 1 ao 4
Balance xeral dos bens, débedas e obligacións de Andrés Fariña Martínez, veciño de Pontecesures
Descrición de varias fincas no entorno da Tomada da Lobrega. No reverso ms. Baldranes.
Inventario da biblioteca doada por Frei Mauro de Vilarria, xeral da Congregación de San Benito, á casa de San Salvador de Lourenzá.
Inventario da correspondencia e facturas do papel do 80% de propios e láminas pertencentes ao Hospital, Beneficencia e Escola de Caldelas, en poder de Pedro Rovira Valdés e Ramón Mucientes.
Ver nivel superior
Inventario duns bens mobles. Inclúe un borrador en papel raiado.
Inventario de imaxes, cousas de prata e reliquias, atopadas no Tesouro de Santiago e entregadas a Juan Fernández tesoureiro, en 1426, sendo Fernández o vicario do deán e Fernán Rodríguez de Betanzos bachiller. Enumera imaxes, cruces, cálices, arquetas, vestimenta etc.
Inventario con vintecatro puntos nos que se recollen os bens, tanto en propiedades e coma en dereitos, pertencentes a Francisco Camino na parroquia de Santa María de Turces.
Ver nivel superior
Inventario dos bens mobles da Casa da Senra, propiedade de Ricardo Blanco-Cicerón. Inclúe unha relación de pezas pro indiviso a engadir aos torques
Inventario eclesiástico da Igrexa de Iria Flavia e da súa sancristia, realizado polo sacristán que entra a facerse cargo, Alexandro Fontenla. Contén listado de ropa, libros, imaxes, utensilios e `prata`.
Inventario dunha capela e sancristía da catedral de Santiago, realizado polo sancristán Francisco Bacariza. Recolle de maneira detallada, os ornatos, roupa e xoias, diferenciados por cores (branco, vermello, negro...
Listado dos bens raíces de Maria Blanco Navarrete, os bens tamén raíces adquiridos durante o seu matrimonio con Jorge de la Riva, e os mobles, louza, roupas, xoias, utensilios de cociña e máis efectos da casa
Listado dos bens inmobles, mobles e rendas de Maria Blanco Navarrete, adxudicados ao seu fillo Santiago. Inclúe distribución de capitais entre, Herminia García de la Riva, filla en primeiras nupcias; os fillos en segundas nupcias: Osmundo de la Riva e Domingo de la Riva, ademais do segundo marido, Jorge de la Riva.
Relación das partidas da Casa da Senra, divididas por estancias
Ver nivel superior
Inventario de fincas no término de Cangas, incluíndo a granxa de A Retirosa, afectada por dereito hipotecario de 3.000 pesetas.
Memoria dos documentos e instrumentos dos bens sitos na fegresía de Coruxo pertencentes á Obra Pía de Redención de Cautivos da vila de A Guarda que vendeu D. Bernardo de Azcárate y Caviedes, abade de Tui e patrón da mesma, a Tomás Cicerón y Centeno.
Relación de diversos obxectos de prata elexidos por María Blanco-Cicerón, coa súa valoración económica correspondente, así como o número das partidas ás que pertencen. Inclúe borrador
Relación de diversos obxectos de prata elexidos por Simeón Blanco-Cicerón, coa súa valoración económica, así como o número das partidas ás que pertencen.
Relación de diversos obxectos de prata elexidos por Tomás Blanco-Cicerón, coa súa valoración económica, así como o número das partidas ás que pertencen.
Relación das partidas e importe económico dos obxectos de prata adxudicados a nome de Amando Castroviejo Nobajas, pero non figuran detallados.