O remitente, profesor do seminario de Tui, pregunta sobre aspectos históricos da estatua de Hércules, propiedade de Ricardo, xa que está a escribir un novo estudo sobre a colonización greco-romana de Santa Tegra.
O remitente, irmán de Manuel Gómez (vendedor da estatua de Hércules), sauda a Ricardo e a súa familia
O remitente, negocia con Ricardo o prezo da estatua de Hércules, mantendo a súa oferta en 750 pesetas, á espera da decisión de Ricardo, para levala ao Museo Arqueolóxico de Pontevedra.
O remitente, comunica a Ricardo a aceptación do novo prezo de 600 pesetas para a estatua de Hércules.
O remitente, comunica a Ricardo Blanco-Cicerón que o envío da estatua será a través de Ricardo Lomba, estudante en Santiago. Aporta o dato do seu achado no monte de Santa Tegra hai 30 anos, cando uns canteiros movían unhas rocas
O remitente, ofrece a Ricardo unha estatua de Hércules polo prezo de 1000 pesetas, a figura mide 17 cm e pesa 665 gramos.
O remitente, comunica a Ricardo que por medio de Pedro Álvarez recibiu por duplicado a suma de 600 pesetas importe da estatua de Hércules. Inclúe un dos recibos
O remitente, negocia con Ricardo o prezo da estatua de Hércules, rebaixando o seu prezo inicial de 1000 pesetas, a 750, despois da oferta do propio Ricardo en 500 pesetas
O remitente pide que lle volva a enviar a fotografía da estatua de Hércules, propiedade de D. Ricardo, xa que non a recibiu aínda
O remitente, membro da Sociedade Pro-Monte Santa Tegra, solicita a Ricardo lle permitan facer unhas fotografías do ídolo de Hércules, a fin de poder mostralo nun museo que están a facer.
Diploma de Ricardo Blanco-Cicerón como socio de mértio da Sociedade `Pro-monte Santa Tecla. Vai asinada polo Presidente, Manuel Lomba Pérez, e polo Secretario, Pacífico Rodríguez Rodríguez. Vista xeral do monte
Cartel da 2ª festa gastronómica sobre a langosta celebrada en A Guarda, no ano 1992. Deseño de Iraida Martínez
Memoria dos documentos e instrumentos dos bens sitos na fegresía de Coruxo pertencentes á Obra Pía de Redención de Cautivos da vila de A Guarda que vendeu D. Bernardo de Azcárate y Caviedes, abade de Tui e patrón da mesma, a Tomás Cicerón y Centeno.
O abade de A Guarda, Bernardo Azcarate y Caviedes, solicita a execución de dúas Cartas Reais contra Rosa Bentura Correa y Cabral e Joseph Colbel, en relación á entrega de mil ducados do testamento de Francisco Correa, en favor da Obra Pía Redención de Cautivos.
Jiménez Hueto, Mariano., Fotógrafo. . (A Guarda )
Vista parcial do víacrucis da citania de Santa Tegra. No centro, en primeiro plano, sentados xunto unha cruz, un home co traxe e sombreiro, e un neno con gorra. O víacrucis vai hacia a esquerda con outras tres cruces en segundo plano. Á dereita, restos dun edificio de pedra sostido por tres columnas
Jiménez Hueto, Mariano, Fotógrafo . (A Guarda )
Vista parcial da citania de Santa Tegra. Á dereita en primeiro plano un home co traxe e sombreiro, en segundo plano á dereita un cruceiro de doble faz. Á esquerda, sentados no petril dunha ermida, dous nenos con gorras. En plano intermedio un muro e nun terceiro plano, escaleira de pedra para acceder ao conxunto de rocas coroado por unha máis grande
Tarxeta de visita de Mariano Jiménez Hueto.