O remitente informa a Ricardo sobre o prezo (100 pesetas) e estado de conservación do mapa de Domingo Fontán, ademais, dun catálogo de libros para que escolla Ricardo
Cartel mostra celebrada no Palacio de Fonseca na conmemoración do bicentenario de Domingo Fontán e organizada polo Instituto Geográfico Nacional no ano 1988
Mapa das parroquias de Santiago, marcando os muíños e ríos. Texto en orla.
Mapa da Ludiña e fegresías do seu contorno. No marxe están escritos a letra cada lugar e os seus confíns.
Mapa a lápis dun territorio que podería ser Razamonde, fegresía ourensá administrada por un monxe de San Martiño Pinario. Os nomes de cada lugar están escritos en tinta, así como os seus límites e outras anotacións sobre a utilidade ou a propiedade dos terreos. Unha delas é `Propiedad de la disputa. Oy está de castaños`. Probablemente sexa un documento dun preito. Indica nomes de lugares da provincia de Ourense como o río Ventosela ou A Barca de Barbantes.