O remitente comenta que un terceiro sigue moi interesado en conseguir tres acibeches de Santiago Apóstolo de Ricardo Blanco-Cicerón. Eladio Oviedo Arce solicita copia das fotografías do Hospital e agradece outra que lle manda do cruceiro da súa propia casa.
O remitente solicita de parte de Guillermo Osma unha fotografía dun de Santiago Apóstolo de Ricardo Blanco-Cicerón
O remitente comenta que un terceiro está interesado en conseguir uns acibeches de Blanco-Cicerón. e pregunta polas fotografías do Hospital prometidas.
O remitente comenta a Ricardo Blanco-Cicerón varias fotografías e que precisa de certas imaxes dos Santiago Apóstolo que hai na cidade. Informa que van a tomar máis do Pórtico da Gloria e solicita o contacto dun cura de Lugo que participou na Exposición Regional Gallega de 1909 cuns acibeches
O remitente, propietario dunha tenda de antigüidades de Madrid, fai a Ricardo Blanco-Cicerón unha oferta para mercar as figas de acibeche que ten o segundo, a 125 pesetas cada unha. Na mesma carta, hai un borrador coa resposta declinando a oferta
O remitente, propietario dunha tenda de antigüidades de Madrid, repite a oferta de compra a Ricardo Blanco-Cicerón para mercar figas de acibeche e figuras de santos, aínda que presenten alguna tara.
O remitente, propietario dunha tenda de antigüidades de Madrid, agradece o envío dunhas fotos coas pezas de acibeche, e lamenta non chegar a un acordo en canto o prezo
O remitente, deputado a Cortes por Monforte, comunica a Ricardo Blanco-Cicerón que está valorando o máximo posible os acibeches que lle enviou. Tamén lle di que vai tentar negociar a venda de parte dos mesmos co Museo Hispánico de Nova Iorque, entre outros
O remitente, deputado a Cortes por Monforte, informa sobre o abono dos Sres. Urquijo na conta de Blanco-Cicerón do importe duns acibeches.
O remitente, deputado a Cortes por Monforte, informa a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a restauración dun azulexo e sobre un grupo de acibeches
O remitente, deputado a Cortes por Monforte, comunica a Ricardo Blanco-Cicerón que agarda examinar os acibeches que lle envía para despois escribirlle coas impresións e sobre os prezos.
O remitente, que asina `Hijos de Simeón García`, informa a D. Ricardo sobre o envío dun paquete con acibeche para que o examine e dea as instrucións pertinentes para remitir aos Sres. Fillos de Pablo Pérez, de Colunga
O remitente informa a D. Ricardo sobre as xestións que está realizando sobe un encargo de acibeche que lle fixera
Carta informando das xestións para conseguir os 5 a 20 quilogramos de acibeche tal como sae da mina, que solicitaron en Fillos de Simeón García e Cía. de Oviedo
O remitente informa das xestións para conseguir o bloque de acibeche de 15 cm de lonxitudesolicitado por Ricardo Blanco-Cicerón, xa que os mineiros teñen moi dificil a extracción de bloques de máis de 10 cm.
O remitente comenta o prezo do acibeche que interesa aos amigos do destinatario, que probablemente se trate de Ricardo Blanco-Cicerón
Carta de Wenceslao Romero solicitando ao destinatario os datos persoais do comprador dun Cristo de azabache
O remitente, que asina como Hijos de Simeón García, informa a Ricardo Blanco-Cicerón de como cotiza o acibeche encargado. Na mesma carta, a súa resposta manuscrita aceptando o prezo de 5 pesetas/quilo.
O remitente, que asina como Hijos de Simeón García, informa a Ricardo Blanco-Cicerón que trasalda o seu encargo de acibeche a Colunga, reenviandoo a Santiago nas mellores condicións embalaxe para evitar roturas.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Portapaces sobre fondo de tecido escuro. O primeiro pola esquerda: na estrutura arquitectónica representa na fornela central a adoración dos pastores, con numerosas figuras humanas nos diversos niveis da peza, con dous anxos na parte inferior e unha representación do Espírito Santo na superior. O segundo pola esquerda é da Catedral de Santiago e mostra unha Piedade nunha fornela. O portapaz do centro é do Convento de San Francisco de Santiago e representa a Quinta Angustia. O segundo pola dereita é un portapaz en prata e esmalte procedente de San Martiño Pinario e mostra a coroación da Virxe. O primeiro pola dereita é una Virxe co Neno no colo