Cartel publicitario da 11ª Mostra agropecuaria celebrada en Silleda.
Cartel publicitario da 1ª Mostra agropecuaria de Silleda. Debuxo de B. Saavedra Pita
Cartel da chamada Festa da froita organizada no ano 1982 na Carballeira de Santa Minia (Brión).
Ferrer Sans, Pedro, 1870-1939, Fotógrafo . (A Coruña)
Vista xeral da principal praza da vila de Betanzos, chamada Praza do Campo e actualmente Praza dos Irmáns García Naveira. A praza está ateigada de xente, nun día de mercado. En primeiro plano vense burros e cabalos, con mantas e albardas. No centro, un grupo de rapaces miran ao espectador.
Escrito dirixido por un grupo de comerciantes e industriais de Santiago ao Ministro da Gobernación para que se permita celebrar o mercado dominical tradicional en Santiago, independentemente da Lei do descanso dominical.
Grupo de feirantes na Carballeira de Santa Susana. No centro, un home vestido con chapeu, camisa, chaleco, chaqueta e calzón curto, con medias de la e zocos. Ao seu carón varias mulleres con pano da cabeza, mantóns de abrigo e saias longas. Detrás, varias cabezas de gando vacún. Ao fondo, entre as pólas dos carballos, a Catedral de Santiago.
Cartel da Federación de Libreiros de Galicia para a Feira do Libro organizada en Santiago no ano 1985. Deseño de permuy
Escena de mercado de gando na Carballeira de Santa Susana. Destacando unha muller de perfil con vestimenta negra e cesta de vergas sobre a cabeza e un home con boina mirando ao espectador. Na dereita, un boi e ao fondo a carballeira.
Cartel da Festa da Istoria de Ribadavia do ano 1991
Cartel publicitario da Festa adicada á cantería en Cerdedo. Debuxo de X. Conde
Cartel publicitario da III Festa adicada á cantería en Cerdedo. Debuxo de Ageitos
Plano xeral dun campo da feira con numerosos asistentes. Á dereita, varias cabezas de gando. En primeiro plano, á dereita, unha muller de costas vestida con pano da cabeza e unha touca sobre unha camisa; á dereita, tres mozas, vestida tamén con panos da cabeza e toucas, sentadas no chan.
Plano xeral dun campo da feira con numerosos asistentes. Á dereita, varias cabezas de gando. En primeiro plano, á dereita, unha muller de costas vestida con pano da cabeza e unha touca sobre unha camisa; á dereita, tres mozas, vestida tamén con panos da cabeza e toucas, sentadas no chan.
Parella de bois guiados por unha moza e un rapaz, ambos con aguilladas na man. A moza leva pano da cabeza, mantón sobre camisa branca, saia e zocos; o rapaz leva chapeu, chaqueta e pantalón longo. Á dereita, un home con chapeu, chaqueta e pantalón longo.
Retrato de catro homes nunha feira que levan diante un panel cun avión pintado sobrevoando o mar e detrás un pano de fondo cun templo. O home da esquerda leva unha pipa na boca e viste camisa, xersei e chaqueta. O segundo sostén o volante do avión e leva un abrigo cun brazalete negro na manga en sinal de loito. O terceiro leva sombreiro, camisa, gravata e chaqueta e ten un pito na boca. O último leva boina, camisa e chaqueta.
Cartel da Festa da Istoria de Ribadavia do ano 1992. Deseño de Antonio M.
Mercado de ranchos na Carballeira de Santa Susana, cun moitas persoas. Ao fondo, a igrexa da Santa Susana, co campanario á esquerda e a cabeceira á dereita.
Mercado de ranchos na Carballeira de Santa Susana, con varias mulleres sentadas no chan e outras de pé á sombra dos carballos. En medio da imaxe, un burro de costas.
Cartel da Federación de Libreiros de Galicia para a Feira do Libro organizada en Santiago no ano 1987
Cartel institucional da Feira do Libro organizada en Coruña no ano 1984