Retrato das tres fillas de Sofía Casanova, dúas sentadas en unha de pé, nun parque
No anverso fotografía das pontes sobre río Arenteiro do Carballiño. Á esquerda a ponte romana dun só arco; á dereita a nova ponte, tamén dun arco.
Pacheco y Viuda de Prosperi, Fotógrafos (Vigo) Pacheco, Jaime (1878-1954)Otero Fontán, Cándida (1846-1915)
No anverso imaxe dunha competición deportiva onde destacan tres bicicletas. Na esquerda, unha edificación con publicidade de Aguas `Fuente Nueva` de Verín. Ao fondo no alto varias casas.
Retrato de rapaza de raza negra, de corpo enteiro, de pé e frontal, diante dunha construción de madeira con tellado vexetal. A moza leva vestido raiado, pano branco na cabeza atado no pescozo e descalza, cunha flor na súa man dereita.
Composición fotográfica, de dúas imaxes, dunha banda o retrato de rapaza de raza negra, de corpo enteiro, de pé e frontal, nun exterior. A moza leva vestido branco, cabelos recollidos en trenzas, ten un ibro na man esquerda e a dereita apoiada nunha cadeira. Na parte baixa, retrato grupal de varias nenas e mozas uniformadas, en tempo de recreo, baixo unha gran árbore.
Retrato dunha rapaza de raza negra, de corpo enteiro, de pé e frontal, nun exterior. A moza leva vestido branco, vai descalza, leva os cabelos recollidos en trenzas, ten un libro na man esquerda e a dereita apoiada sobre unha peaña con imaxe de Xesús Entronizado.
Interior dun establecemento comercial, con mostradores de vidro, armarios ata o teito e recipentes de vidro para caramelos
Interior dun establecemento comercial, un panel de madeira no centro da imaxe separando a estancia en dúas seccións, varias cadeiras, amais dun xarrón con ramas de palmas.
Interior dun establecemento comercial, un pequeno salón con varias mesas e cadeiras, e un panel central que separa o salón da zona de despacho
Martínez, Fotógrafo . (Vilagarcía )
No anverso, imaxe dunha pequena contrución con hórreo na illa de Cortegada
Vista xeral do monumento dedicado a Aureliano Linares Rivas na Coruña. Figura en bronce do benefactor da cidade, con peza monolítica con inscrición, sobre que se levanta unha alegoría tamén de bronce.
González, J., Fotografo
No anverso imaxe do monumento a Daniel Carballo nos xardíns de Méndez Núñez na Coruña
González, J, Fotógrafo . (Coruña )
No anverso imaxe do antigo edificio do teatro-circo Emilia Pardo Bazán da Coruña, co peirao cheo de sacos e varias embarcacións con distintas mercadorias
Sellier Loup, José, 1850-1922, Fotografo . (A Coruña )
No anverso imaxe da tumba de Sir John Moore na Coruña, con inscrición en inglés
A imaxe do anverso representa a Curros Enríquez depositando un ramo de flores na tumba de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres da Igrexa de Bonaval. No reverso leva impresa unha poesía de Curros Enriquez dedicada a Rosalía.
No anverso fotografía dunha sala de exhibición con dúas columnas. Unha vitrina central e varios cadros pendurados das paredes.
No anverso fotografía dunha sala coas paredes cubertas por tapices, tres bancos e dúas cadeiras de brazos amais dunha gran lámpada de araña.
Vista detalle dun claustro; un dos ángulos do patio con varias pezas de escultura pétrea sobre peañas. Ao pé da imaxe lenda.
Vista dun tramo dE claustro, con exhibición de varias pezas de louza sobre peañas escalonadas, outras colgadas na parede, e adosadas nas arcadas. Ao fondo, a figura dun vixiante.
Ferrer Sans, Pedro, 1870-1939, Fotógrafo . (A Coruña )
A remitente informa sobre os problemas de saúde que lle impediron escribir antes