Acordo entre os herdeiros de Joaquín Acuña Soage para asignar un valor á casa da rúa Policarpo Sanz.
Carta por duplicado de Darío Acuña Núñez a Fernando Barreras para comunicarlle que tralo pasamento de Joaquín Acuña Soage, a propiedade herdada polos fillos `Villa Santa Rita` e que el ten alugada, pasa a ser xestionada por Darío no nome de todos. Pide que devolva unha das copias asinadas máis non o está ningunha.
Manuel Tejero escribe a Joaquín Acuña Soage, que pasa unha tempada en Madrid, sobre as receitas e gastos da farmacia. Adxunta unha carta de Darío Acuña para seus pais, e a folla de gastos e ingresos detallada da farmacia.
Acuña Núñez, Darío, 1883-1965
Se trata principalmente de documentos patrimoniais de Darío Acuña Núñez que acreditan a xestión dos seus bens e as futuras herdanzas dos descendentes.
Escritura de compravenda e promesa de venda dunha herdanza de María Núñez Pené entre os seus herdeiros (Purificación, José, Joaquín e Darío Acuña Núñez) e Ramiro Pérez Sotelo, en concreto un solar nas rúas Marqués de Valladares e Velázquez Moreno.
Escritura de partición dos bens de María Núñez Pené entre os seus herdeiros: Joaquín Acuña Soage, Purificación, José, Joaquín e Darío Acuña Núñez. Inclúe o recibo do pago dos dereitos reais.
Inventario dos bens que se recollen no testamento de Joaquín Acuña Soage e liquidación dos dereitos reais por parte dos seus herdeiros (viúva, fillos e herdeiros do seu irmán José Acuña Soage).
Recibo de Darío Acuña Núñez emitido pola súa irmá Purificación da herdanza de Joaquín Acuña Soage, segundo o convido.
Recibo do pago do imposto de dereitos reais e transmisión de bens por Darío Acuña Núñez pola herdanza da súa avoa, Isabel Pena Martínez.
Reparto dos bens de Joaquín Acuña Soage entre os seus fillos. Trátase principalmente da casa da rúa Policarpo Sanz.
Photo Art Jusquets, Fotógrafos (Barcelona)
En formato circular, retrato masculino de busto e case frontal. O home viste chaqueta escura con solapas, camisa branca e gravata de lazo, amais dun sombreiro canotier.
Art Studio Pacheco y Vda de Prosperi., Fotógrafos. (Vigo.) Otero Fontán, Cándida.Pacheco, Jaime
En formato oval, retrato de parella, de busto e frontal. Á esquerda, muller con camisa branca de colo alto e cadea con medalla, leva os cabelos recollidos ao medio con medio floco sobre a fronte. Á dereita, home con chaqueta escura con pano no peto, chaleco, camisa branca e gravata de lazo; ten os cabelos engomados e peiteados a un lado, amais de bigote.
O remitente escribe a súa esposa preguntando sobre a ausencia de respostas en cartas e postais anteriores