Acuña Castroviejo, Fernando, 1945-2016
Colección de impresos de gran formato de Fernando Acuña Castroviejo
Acuña Castroviejo, Fernando, 1945-2016
Os fondos personais do profesor Acuña Castroviejo permiten documentar e coñecer a súa actividade profesional, os seus intereses persoais e o seu compromiso coa cultura galega e o a súa difusión. Conservánse documentos identificativos persoais, cartillas médicas, facturas, fotografías, apuntes, artigos, documentación de homenaxes e premios, diplomas, correspondencia persoal, documentación patrimonial, documentación produto da súa actividade intelectual e cultural, tanto manuscrita como impresa.
Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
En formato vertical, retrato grupal, frontal e de medio corpo. En primer plano e sedentes dous nenos con roupa clara e sorrindo. No centro da composición, e de pé, nena con vestido curto branco coa súa man dereita apoiada no ombro da nai. A muller viste chaqueta gris e camisa negra, ten os cabelos ondulados e está de perfil mirando á nena.