Escritura pública pola cal Ramón Tato convoca aos seus acreedores para lles explicar de que forma se compremete a devolverlles os seus cartos e inventario xeral destas obligacións como das súas propiedades.
Contas coas débedas contraídas por parte de Ramón Tato con Ramón Comerma.
Aceptación da solicitude de embargo de forma temporal de todos os bens de Ramón Tato, dos cales non poderá dispoñer ata que adopte un acordo.
Juan Devesa, no nome dos acreedores, solicita alongar o prazo dado a Ramón Rato ata que eles se poñan dacordo sobre a petición deste da intervención das operacións do seu establecemento como unha das solucións ás súas débedas.
Carta de Juan Devesa a Julián Obaya na que lle informa que os acreedores de Ramón Tato fanlle a este a entrega das reservas querendo que o caso se solucione o antes posible.
Lista de acreedores (21 de 32) que aceptaron a proposición baixo convenio particular e lista de activos e pasivos de Ramón Tato.
Escueta nota do caso das débedas de Ramón Tato e diferentes operacións matemáticas non están especificadas.
Relación de tódolos acreedores de Ramón Tato con nomes, domicilios, motivos e cantidades.
Apuntamento coa cantidade que lle representa un crédito de Pedro Crespo a Ramón Tato.
Nota con máis cantidades adebedadas por Ramón Tato.
Petición de Juan Devesa Rey, no nome dos numerosos acreedores de Ramón Tato, do embargo do xénero do seu establecemento e dos seus bens por sospeitas de que está infrinxindo ocultación.