Convenio ante o notario Ildefonso Fernández entre José Pimentel Aller e os seus acreedores para que o primeiro lles devolva os seus créditos, tanto aos presentes coma aos non presentes, dada a mala situación do seu negocio, para saldar todas as débedas enumeradas.
Testimonio da escritura da Sociedade Mercantil `Hijos de Simeón García`.
Escritura de poder outorgada por Jacobo, Manuel, Isabel e Timoteo García Blanco, como socios xerentes da sociedade mercantil `Hijos de Simeón García`, a favor de Ricardo Blanco-Cicerón. As reservas legais están impresas.
Desglose das contas de Osmundo e Domingo de la Riva con respecto a unha herdanza, polas alusións a uns dereitos reais.
Preito contra Ramón Tato por débedas. Simeón García de la Riva ten parte no preito como receptor de xéneros en depósito para saldar parte das débedas.
Conxunto de documentos que acreditan o patrimonio de Adelaida Herreros Amor, debedora de `Simeón García y Compañía`. Inclúe documentación patrimonial dos seus antecesores, correspondencia e testamentos que xustifican o patrimonio ao que poden apelar para cobrar as débedas.
Recibo do pago feito por Jorge de la Riva (cuñado de Simeón García) por unhas misas de fundación da igrexa de Vaamonde en 1867.
Antonio Fernández D`Angri representante de Fabra y Portabella, pregunta á sociedade Viúda e Hijos de Simeón García se seguen interesados nuns mosaicos que se fan baixo demanda, para saber o fabricante como proceder.
Prego de condicións xerais para as obras de carpintería do Hospital de Conxo, asinado polo director Timoteo Sánchez Freire.
Facturas, pagos, recibís, etc. da