Carta de Ambrosio Herreros a Ricardo Blanco-Cicerón sobre os terreos de Fruime e Barcos, nos que lle indica a intención do caseiro de comprar os mesmos. Inclúe borrador de notas.
O remitente, informa a Ricardo acerca dos días de auga que lle corresponden, amais de queixarse de non poder moer no muíño.
O remitente, informa a Ricardo comunica os días (luns e martes de cada semana) de regadío lle corresponden, amais de aclarar como sería a moenda e que non tivo respostas da propietaria Adelaida Herreros.
Copia da correspondencia sobre a herdanza do Igrexario de San Martín de Fruime. Adelaida Herreros herda do seu pai, Eduardo Herreros o Igrexario de San Martín de Fruime, coa condición de que o devolva á Igrexa. Inclúe as cartas orixinais.
Carpeta coas escrituras do Igresario de San Martín de Fruime, compostas por 15 fincas. Cada finca posúe a súa carpetiña e ten os documentos cosidos.
Prorrateo dunha semana de auga da fonte de Castiñeira, coa que se regan os terreos do Igresario de San Martiño de Fruíme, repartíndo entre os tres donos: o cura párroco, Joaquín Salgueiro e Eduardo Herreros.
Valoración do Igrexario de San Martín de Fruime.