Convenio ante o notario Ildefonso Fernández entre José Pimentel Aller e os seus acreedores para que o primeiro lles devolva os seus créditos, tanto aos presentes coma aos non presentes, dada a mala situación do seu negocio, para saldar todas as débedas enumeradas.
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón que lle debe dúas pesetas, xa que lle cobrou mal o billete de tren, eran 8,2 e cobrou 10,25 pesetas
O remitente, Camilo Cela, solicita ao destinatario información sobre os atrasos nuns pagos ao seu tío, de quen é herdeiro, amais da validez dun poder otorgado polo falecido en 1868.
O remitente, e administrador, pregunta a Ricardo sobre o tipo de semente para unha finca en Baldráns, antes propiedade de Blanco-Cicerón. Tamén que está a espera de que o secretario do xulgado entregue os testemuños das rendas cobradas e non pagadas polo procurador, Verísimo Abundancia.
O remitente, e administrador, informa a Ricardo sobre a recepción do novo poder e revocación do anterior, para proceder a demandar ao procurador e poder cobrar as débedas polo impago das renda de varias fincas de Ricardo en Tui
O remitente, e administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa a D. Ricardo, sobre o acordo co procurador Sr. Abundancia para o pago da rendas por dúas fincas, deducíndoas dos gastos que tivo o procurador. Ademais dun saldo a favor de 421.77 pesetas
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa do mal comportamento do procurador Verísimo Abundacia, en canto á entrega das rendas de varias fincas, e comenta que falou co avogado de Tui, Pío Abundancia, irmán de Verísimo, para que interceda no asunto
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa sobre o saldo de 1500 pesetas a favor de Ricardo; tamén sobre o comportamento do procurador Verísimo Abundancia, que non entrega as rendas das fincas e acerca do impago da inquilina da casa pequena, por necesitar a casas varias reparacións
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa do mal comportamento do procurador Verísimo Abundacia, en canto á entrega das rendas de dúas fincas, `Campo do Pozo` en Areas e `Teorreiros` en Soutelo, amais do retraso no pago do aluguerio da inquilina da casa pequena
O remitente, o administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa sobre o abono en conta de 270 pesetas; comunica o envío das contas na mesma forma que a dos anteriores administradores e traslada a negativa do procurador Verísimo Abundacia, a entregar as rendas de varias fincas en Tui
O remitente, o administrador, informa a D. Ricardo, sobre o envío en 15 días da ampliación dunha foto de Tui, do fotógrafo, Gonzalo Gutiérrez. Tamén sobre a recollida de testemuños das rendas cobradas e non pagadas polo procurador, Verísimo Abundancia, que agora parece querer chegar a un acordo máis pacífico
O remitente, o administrador, informa a D. Ricardo, sobre a ampliación dunhas fotos panorámicas de Tui, xa que o fotógrafo, o Sr. Gutierrez, marcha a Madrid. Tamén que xa ten no seu poder os testemuños das rendas cobradas e non pagadas polo procurador, Verísimo Abundancia
O remitente, o administrador en Tui, informa a D. Ricardo sobre as xestións que está a realizar no xulgado para recopilar a información sobre as rendas que o procurador cobrou polas fincas, pero que non entregou
O remitente, amigo de Ricardo Blanco-Cicerón, pide saldar a débeda que ten con Ricado, sobre unha caixa que lle pedira e ainda non pagara.
O remitente, un avogado solicita ao destinatario notifique a certos deudores as cantidades adeudadas e a interposición de medidas legais para a súa reclamación
O remitente, Luis Iglesias Labarta a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío do resguardo do último pago de 60.69 pesetas pola venda da casa de Santasmarinas, antes propiedade de Luis e da súa irmá
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa do envío de 450 pesetas para saldar a débeda con Ricardo e comenta sobre as obras que o concello obrigou a facer nunha canle da casa no muro da horta que da á rúa Nueva
O remitente, solicita a Ricardo Blanco-Cicerón o aprazamento dunha débeda de 5 duros por atoparse encamado por enfermidade.
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa da entrega de 2000 pesetas por parte do Sr. Bargiela, que tamén cobrou un foro para Ricardo a cargo de Manuel Domínguez por tres ferrados de millo e pide recoller da casa os libros do Sr. Abade.
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa do pago dunha letra de Evaristo Leiros de 105 pesetas. Tamén escribe para ver si se pode rebaixar algo das 155 pesetas que adeuda unha muller por unha casa aforada debaixo da horta do Convento de San Francisco.