García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo . (Ourense )
Fotografía dun cadro onde se representa un baile de muiñeira; á esquerda, os músicos, destacando un gaiterio; no centro un home comezando a bailar, e unha muller sentada; na dereita catro figuras máis. Todas as personaxes con indumentaria folclorizada.
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres co traxe rexional de Candelario. Fotografía de R. G. Ubierna
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres, de costas, co traxe rexional canario. Fotografía de Kindel (Joaquín del Palacio)
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres co traxe rexional de Salamanca. Fotografía de R. G. Ubierna
Sellier Loup, José, 1850-1922, Fotógrafo
Retrato de estudio con pano de fondo dun home coa gaita e un rapaz co tamboril. Ambos van vestidos a xogo, coa roupa das actuacións. O gaiteiro leva monteira baixa cun gran pompón, chaqueta sobre camisa branca, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano con pompóns e zapatos. O tamborileiro leva monteira baixa, chaqueta sobre chaleco e camisa, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano e zapatos.
Imaxe de construción pétrea con lintel na porta. No acceso, dúas figuras de corpo enteiro e de pé. O home con sombreiro, barba e de perfil; a muller de fronte, descalza e mirando ao espectador, viste indumentaria tradicional. Ao lados da porta, varios sacos de gran.
Cartel do Día do Enxalzamento do traxe galego celebrado no ano 2011
Imaxe de catro homes con indumentaria tradicional con chaleco, calzón curto, polainas e monteira, sentados nunha mesa de taberna.
Grupo de feirantes na Carballeira de Santa Susana. No centro, un home vestido con chapeu, camisa, chaleco, chaqueta e calzón curto, con medias de la e zocos. Ao seu carón varias mulleres con pano da cabeza, mantóns de abrigo e saias longas. Detrás, varias cabezas de gando vacún. Ao fondo, entre as pólas dos carballos, a Catedral de Santiago.
Retrado dunha parella na eira dunha casa, coa muller á esquerda sentada nun tronco e o home de pé á dereita. A muller leva pano da cabeza branco, pano de caxemira sobre camisa branca, refaixo, mandil e zocos. O home leva chapeu, chaqueta sobre camisa e chaleco, pantalón longo e zocos; na man, un paraugas. Detrás, unha parella de nenos e un carro cargado de herba.
Debuxo coa imaxe idealizada dunha muller collendo auga nunha sella. Vai vestida con pano da cabeza, mantón sobre camisa de amplas mangas, saia, mandil e zocas de punta moi picuda.
Cartel do II Día do Enxalzamento do traxe galego, organizado por Latexos
Cartel do Día do Enxalzamento do Traxe Galego celebrado no ano 1982 no marco das Festas do Apóstolo
Vista xeral da rúa do Cardeal de Monforte, ao fondo o mosterio de San Vicente do Pino e o castelo. En primeiro plano, unha casa con galería e unha muller cunha nena montada sobre un burro.
En formato horizontal, vista xeral dunha escena de baile tradicional con catro mulleres e dous homes bailando e vestidos con indumentaria floclorizada. Na dereita, un grupo de músicos, tamén con vestimenta folclorizada.
Retrato dunha muller burguesa vestida co `traxe de galega`. Leva a cabeza descuberta, co pano no pescozo. Vai vestida cun mantón de seda bordada sobre chaqueta de pano e un mantelo de veludo con agremán bordado sobre un refaixo. Nunha man leva un pano das mans branco e na outra un pequeno cesto con mazás
Varela, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Escena grupal. En primeiro plano, cinco nenos bañándose nunha burga circular. Ao redor, varios grupos de mulleres, todas con pano na cabeza, homes e nenas con indumentaria tradicional. Destacando, home con sombreiro e caxato mirando ao espectador, e dous homes de pé, con chaleco e sombreiro sobre a cuberta da fonte.
Prieto Guerra, José, Fotógrafo . (Noia )
Imaxe dunha gran rocha. Dúas rapazas están acostadas sobre a rocha. Á esquerda, un garda civil, á dereita un grupo catro de mulleres, unha cunha cesta sobre a cabeza e outra cun feixe.
Buch Hermanos, Fotógrafos. (Santiago de Compostela) Buch y Buet, Ramón Buch y Buet, Juan
Retrato de familia coa nai, Benita, sentada no centro; ao seu redor e de pé, o seu home Francisco e as súas fillas María, Carmela e Juana. O home vai vestido con camisa, chaleco e chaqueta. As mulleres levan todas o pelo partido en dúas metades e recollido en dúas trenzas e cos panos da cabeza baixados e colocados sobre os pescozo. A nai e a filla máis vella levan dengues por riba das camisas e as dúas fillas máis pequenas levan chaquetas. Todas levan mantelos sen bordar e zapatos.
Retrato feminino frontal, de pé, nun exterior con árbores. Viste indumentaria tradicional con dengue e pano na cabeza atado no pescozo.