Vista detalle da ábsida dunha igrexa; construción de sillería granítica e planta semicircular lixeiramente alargada con dous corpos; no superior, dous vanos estreitos e rectangulares a mais dun ventá con arquivoltas decoradas con `taqueado` sobre columniñas de capiteis vexetais, con canzorros baixo o tellado
Vista detalle da portada dunha igrexa; porta con arco de medio punto con `xadrezado`, dovelas decoradas, unha cun Agnus Dei, o resto con rosetas; ten dúas columniñas de capiteis vexetais, e `mochetas` con decoración figurada e o tímpano con círculos entrelazados
Copia simple orixinal do Privilexio Real outorgado polo rei Afonso VII e a raíña Berenguela ao Mosteiro de Eiré, rexido pola abadesa Visclavara. Aparecen claramente delimitados os terreos da fundación. O documento leva a habitual cláusula de excomuñón para os que non respecten o acordo. Asinado coa copia da rúbrica de Afonso VII o Emperador.