Acordo para o reembolso dos créditos solicitados por Ana María de Otero e fillas para a tenda de Comercio de tecidos que rixen, e penas que sufrirían en caso de impago aos acreedores ante os testamuños necesarios.
Acta notarial a requeremento de Joaquín Acuña Soage polas molestias causadas por un taller metalúrxico próximo á casa de A Seara, no Peniche, tanto pola emisión de gases como por ruídos e desperfectos.
Conta do Concello de Cangas co axuste do recibo da contribución da finca chamada `Campo de la Retirosa`, en Coiro.
Billete de `La Ferrocarrilana` para unha viaxe en berlina de Ricardo Blanco-Cicerón a Santiago.
Cadernos cos pagos semanais ao persoal que traballou na obra da Casa da Senra.
Libreta para levar a conta dos ferraxes de carpintería para Ricardo Blanco-Cicerón.
Ver nivel superior
Resposta de Facenda á petición dunha exención do recibo da contribución da Casa da Senra mentres duren as obras, máis aceptan unha reducción do mesmo.
O remitente, informa a Ricardo acerca do pago dunha letras, que ao ser correntes, será ao seu vencemento
O remitente, informa a Ricardo acerca do abono de 4000 pesetas; ademais de dúas letras que aínda non poideron cobrar.
O remitente, solicita a Ricardo lle admita un xiro de 150 pesetas para o pago duns lenzos que fixo o pintor Sr. Villar
O remitente, comunica a Ricardo Blanco-Cicerón, o ingreso en conta dun cheque por importe de 3000 pesetas de Viuda e Hijos de Simeón García, que o administrador de Ricardo en Tui, Melitón López, lle entregou.
O remitente solicita a Ricardo Blanco-Cicerón que, entregue ao seu sobriño Adolfo a cantidade de 300 reais, que reintegrará polo Sr. Bargiela, parente de Ricardo.
O remitente, felicita a Ricardo Blanco Cicerón, as festas de Nadal e agradece o pago de 27.50 pesetas de pago por servizo de hospital ao recomendado Luis Vilar
O remitente, agradece a Ricardo Blanco Cicerón, o pago de 27.50 pesetas de pago por servizo de hospital ao enfermo Luis Vilar
A remitente, informa a D. Ricardo sobre un cambio na cantidade de pago do foro de tres casas en Tui, indicando que nas escrituras figura un prezo de 9 reales e medio, razón pola que non entende a subida a tres pesetas que lle indica o apoderado de D. Ricardo, Sr. Fulgencio.
Carta de Emilio Baladrón, a Ricardo Blanco-Cicerón, informando da retirada dun cheque por valor da última factura por importe de 152 pesetas.
O remitente, informa a Ricardo que reintegro na casa onde é xerente Ricardo o importe de 350 pesetas
O remitente, o administrador de Blanco-Cicerón en Tui, pregunta ao respecto do cobro das rendas antes cobrados polo procurador Sr. Abundancia, si D. Ricardo prefire que el mesmo as cobre ou que se faga cargo outro procurador o Sr. Antonio Amorín Ochoa.
O remitente, e administrador, informa a Ricardo sobre a recepción do novo poder e revocación do anterior, para proceder a demandar ao procurador e poder cobrar as débedas polo impago das renda de varias fincas de Ricardo en Tui
O remitente, e administrador, pregunta a Ricardo sobre o tipo de semente para unha finca en Baldráns, antes propiedade de Blanco-Cicerón. Tamén que está a espera de que o secretario do xulgado entregue os testemuños das rendas cobradas e non pagadas polo procurador, Verísimo Abundancia.