1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.08.08.01.
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
1.2. Título
Colección de impresos de gran formato
1.3. Datas
1900 / 2016
1.4. Nivel de descrición
Sección
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
Papel.
2.1. Produtor-Institución
Acuña Castroviejo, Fernando, 1945-20162.2 Historia Institucional/Biografía
Fernando Acuña Castroviejo (Santiago de Compostela, 1945-2016). Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, foi membro membro da Real Academia Galega de Belas Artes, da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e correspondente da Real Academia Galega. Tamén é un dos patróns fundadores do Museo do Pobo Galego e Vicepresidente do Padroado.
A súa vida non se pode separar da Universidade de Santiago de Compostela, onde foi profesor desde os 23 anos e onde en 1987 acadaou a Cátedra de Arqueoloxía, desempeñándoa até a súa xubilación en 2015. Docente de historia antiga, arqueoloxía clásica, numismática e epigrafía, polas súas clases pasaron gran parte das novas xeracións de historiadores galegos. A súa obra é unha referencia na arqueoloxía do Noroeste peninsular, tendo traballado en xacementos de toda Galicia, norte de Portugal e Asturias. Precisamente, sempre tivo moita relación cos investigadores portugueses, abrindo o estudo arqueolóxico alén do Miño, a todo o territorio da antiga Gallaecia e establecendo fortes lazos con institucións académicas do país veciño. É autor dunha ampla bibliografía, traballou en numerosos proxectos nomeadamente galaico-romanos, mais tamén do megalitismo, arte rupestre ou medievo. Alén da dedicación profesional, hai que destacar a súa entrega e o seu compromiso como cidadán consecuente con Galicia, o que manifestou coa súa participación en diversas iniciativas para un mellor coñecemento... Ver máis
2.3. Historia Archivística
Os fondos ingresaron ao longo do ano 2020 no Museo do Pobo Galego traídos por Rosina e Margarita Acuña Castroviejo, bisnetas de Ricardo Blanco-Cicerón, netas de Amando Castroviejo Nobajas e fillas de Darío Acuña Lagos.
Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa do profesor Fernando Acuña Castroviejo.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Fernando Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2015
3.1. Alcance e contido
Colección de impresos de gran formato de Fernando Acuña Castroviejo
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está previsto
3.3. Novos ingresos ou transferencias
Pode haber novas achegas
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
nº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000353 | 01.08.08.01 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |