1.1. Código de referencia
ES.GA.15703.AMPG./01.07.05.02.01.01.//RBC/Foto-14//038
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Foto-14//038
1.2. Título
Retrato de Rosario Sáenz-Díez
1.3. Datas
1915-12-15
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 152 x 53 mm. sobre cartón 200 x 130 mm. Papel.. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Compañía Fotográfica Napoleón, Fotógrafos (Madrid) Napoleón, Anaïs2.2 Historia Institucional/Biografía
A compañía fotográfica Napoleón foi unha saga de fotógrafos profesionais que desenvolveron o seu traballo en Barcelona desde 1851 ata o seu peche definitivo en 1968. Iniciado por Antonio Fernández e Anaïs Napoleón (1831-1912), pioneira da fotografía en España, foi unha empresa familiar con estudos fotográficos en Barcelona e Madrid. Tres dos fillos do matrimonio adicaronse tamén á fotografía, Emilio, Napoleón Francisco e Napoleón Fernando, nacidos en 1851, 1855 e 1856, respectivamente. No 1879 dispuseron doutro estudo na rúa Príncipe de Madrid, rexentado por Napoleón Francisco, a súa morte, en 1898, foi a súa muller a engarda do establecemento, traspasado en 1905.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Retrato feminimo de corpo enteiro, de pé e semifrontal. A muller, viste á moda internacional, destaca a zona do peito e dos puños, con encaixe branco. Ten unha das mans cara as costas a a outra apoiada no respaldo dunha cadeira.
No anverso, dedicatoria manuscrita: Rosario Sáenz-Díez / 15 Diciembre 1915
No anverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: Prueba inalterable / Procedente / del Estudio Napoleon / Gran Galería / 15 y 17 / Barcelona / Rambla Sta Monica
A fotografía presenta unha carpetiña con papel de protección
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
6.1 Nota xeral
Rosario Sáenz-Díez era a filla dunha curmá de Herminia García de la Riva
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Sáenz-Díez, Rosario Fotografíasnº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0004602 | RBC/Foto-14//038 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |