520 | $aNo ano 2014 chega ao Museo, en concepto de depósito, o arquivo do CNAN.
O clube nasceu tralo éxito electoral de Coalición Galega nas eleccións autonómicas de 1985, cando algúns nacionalistas vinculados ao partido decidiron crear un grupo de debate, con charlas e conferencias organizadas, para estruturar un galeguismo asumible como fórmula política. O fundador e primeiro presidente foi Luciano García Alén, coa colaboración de Perfecto Yebra Martul-Ortega que asumiu o secretariado. Os primeiros integrantes do clube foron Xosé Manuel Barreiro, Xesús Couceiro Rivas, José Manuel García Iglesias, José Antonio Gómez Segade, Xosé Manuel González Reboredo e María Luisa Sobrino Manzanares.
O depósito inclúe os documentos propios do desenvolvemento habitual dunha entidade coma esta: Documentos fundacionais (Estatutos, carta fundacional, permisos...), documentos de xestión (Órganos de goberno, fichas de socios, finanzas, correspondencia...), documentos de actividades (Invitacións, notas manuscritas e mecanografadas, recortes de prensa... referentes ás conferencias, mesas redondas e outras actividades do Clube). Xunto a este fondo documental, unha ampla coleción fotográfica en papel e casetes onde se recollen, respectivamente, as imaxes e o sons dos participantes nas accións dos Clube (Entre outros: Barreiro Rivas, Beiras Torrado, Lisón Tolosana, Méndez Ferrín, Pujol, Trias Fargas...) |
---|
545 | $aO Clube Nacionalista Alén Nós é un grupo de debate político galego constituído en 1986.
Logo do éxito electoral de Coalición Galega nas eleccións autonómicas de 1985, algúns nacionalistas vinculados ao partido decidiron crear un grupo de debate para estruturar un galeguismo asumible como fórmula política. O fundador e primeiro presidente foi Luciano García Alén, coa colaboración de Perfecto Yebra Martul-Ortega que asumiu o secretariado. Os primeiros integrantes do club foron Xosé Manuel Barreiro, Xesús Couceiro Rivas, José Manuel García Iglesias, José Antonio Gómez Segade, Xosé Manuel González Reboredo e María Luisa Sobrino Manzanares. Realizou conferencias e táboas redondas. |
---|