No ano 2005 chega ao Museo o arquivo procedente do Partido Unidade Galega, no que hai tamén documentos pertencentes a outras formacións políticas anteriores: Partido Obreiro Galego, Esquerda Galega, e a coalición Partido Socialista-Esquerda Galega. Cronoloxicamente abarca desde 1970 ata o 2002.
Os apartados principais son: constitución e organización, congresos e asembleas, eleccións, acción social, organización sindical, oficina de prensa, economía e finanzas e relacións institucionais. A maioría da documentación pertence á coalición PSG- EG, en consonancia coa súa duración temporal máis longa