1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.30.
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Signatura
1.2. Título
Manuel Pérez Rúa
1.3. Datas
1972 / 1984 1972
1.4. Nivel de descrición
Fondo
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
3 unidade(s) de instalación Papel. Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos iconográficos, como é o caso de planos ou carteis.
2.1. Produtor-Institución
Pérez Rúa, Manuel, 1956-2.2 Historia Institucional/Biografía
Manuel Pérez Rúa é sociólogo, e traballou nun estaleiro naval ata a reconversión industrial dos anos 1980, pasando logo a ser coordinador cultural do concello de Moaña.
2.3. Historia Archivística
Os fondos ingresaron no Museo do Pobo Galego da man do propio Manuel Pérez Rúa, facendo el a escolma de materiais compilados ao longo da súa militancia na UPG e no mundo sindical durante 12 anos
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Manuel Pérez Rúa
3.1. Alcance e contido
A documentación política pertence á UPG, en primeiro lugar, así como ás seguintes organziacións derivadas dela: AN-PG, BN-PG e BNG. Entre eles atópanse estatutos, circulares internas, panfeltos, correspondencia e documentos sobre as relacións con outros partidos. Por outra bandam inclúese tamén documentación local principalmente de Moaña, documentos de carácter sindical de diversas organizacións (SOG e ING, UTEG, CCLL, etc. Ademais, hai unha serie de textos relativos á formación interna dos militantes políticos, así como prensa e recortes de prensa.
O conxunto inclúe materiais propagandísticos, tales como adhesivos, tarxetas, calendarios, cartaces, pins e bandeiras.
A importancia do arquivo reside nas claves que proporciona para o estudo do nacionalismo políticos na etapa final do Franquismo e na Transición. Tamén é relevante para un mellor coñecemento do concello de Moaña (Pontevedra)
Pode haber novas achegas
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está previsto
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán. Galego.
4.4. Características físicas y requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos iconográficos, como é o caso de planos ou carteis.
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
nº Control | Signatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0001065 | 01.30 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |