Descargar
Nivel de descripción:

Fondo

URL OAI

Niveles superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.01.


España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Signatura


1.2. Título

Xaquín Lorenzo Fernández

1.4. Nivel de descrición

Fondo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

61 u. i. Papel.

2. Área de Contexto

2.1. Produtor-Institución

Lorenzo Fernández, Xaquín, 1907-1989

2.2 Historia Institucional/Biografía

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, (Ourense, 1907-1989), foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, tal é que é considerado o mestre da etnografía galega, e foi o principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego.
Nas primeiras etapas da súa vida, durante a estancia na casa da avoa materna en Facós, Lobeira, entrou en contacto coa cultura rural e comprendeu a necesidade do seu estudo e promoción. No Bacheralato foi alumno de Ramón Otero Pedrayo e aos poucos xa entrou a colaborar co Grupo Nós da súa man e de Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e, con só 18 anos (1926), ingresou como membro activo no Seminario de Estudos Galegos. Desde ese momento, e ata a súa disolución trala Guerra Civil, colaborou intensamente coas seccións de Etnografía e Folclore do Seminario e participa nas campañas que este organizaba, ademais doutros traballos de investigación propios. En 1932 foi nomeado membro da Comisión Directora e Conservador do Museo; e en 1934, conselleiro permanente do Seminario.
Mentras estudaba Fiosofía e Letras traballaba para o Seminario de Estudos Galegos, pero pidiou o traslado a Zaragoza en 1934 polos seus enfrontamentos cos profesores dada a súa participación no movemento galeguista co que simpatizaban desde moito antes: sendo membro da Irmandade Galeguista de Ourense subscribiu o manifesto fundacional do Partido Nazonalista Repubricán e, posteriormente, ingresou no Partido Galeguista. Xaquín remata a carreira en Zaragoza.
Participou... ver más

2.3. Historia Archivística

Legado de Xaquín Lorenzo

2.4. Forma do ingreso

Legado
Xaquín Lorenzo Fernández
1990

3. Área de Contenido y Estructura

3.1. Alcance e contido

Os fondos personais de Xaquín Lorenzo permiten documentar e coñecer a súa actividade profesional, os seus intereses persoais e o seu compromiso coa cultura galega e o a súa difusión. Conservánse documentos identificativos persoais, cartillas médicas, facturas, fotografías, apuntes, artigos, documentación de homenaxes e premios, diplomas, correspondencia persoal, documentación patrimonial, documentación produto da súa actividade intelectual e cultural,tanto manuscrita como impresa.
O arquivo inclúe tamén os de Xosé Lorenzo Álvarez, pai, o de Xurxo Lorenzo, irmán, e documentación de Xan da Cova.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Galego. Castelán

4.4. Características físicas y requisitos técnicos

5. Área de Documentación Asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items ..
01.01.01 Documentos persoais

01.01.02 Documentos patrimoniais

01.01.03 Documentos de función

01.01.04 Documentación gráfica

01.01.05 Documentación allea

01.01.06 Obxectos personais

01.01.07 Miscelánea

nº ControlSignaturaArquivoPrestar
000004101.01Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible