Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.95 - Museo do Pobo Galego
03.06.95.02 - Actos

[Visita de Mario Soares e María Barroso ao museo]
1991-08-11
20 fotografía(s) : Positivo en cor ; x mm. Papel. Bo.
0
01. Chegada de Mario Soares que é recibido por Monseñor Rouco Varela ante a mirada de Manuel Fraga.

02. Rouco Varela saudando a Manuel Fraga; detrás Xosé Carro Otero estreitando a man de Mario Soares acompañado da súa dona María Barroso.

03. Rouco Varela estreitando a man de María Barroso

04. Don Antonio Fraguas, Manuel Fraga e Rouco Varela; detrás, Xosé Carro con Mario Soares

05. Don Antonio Fraguas estreitando a man de Manuel Fraga

06. Don Antonio Fraguas bicando a man de María Barroso

07-08. Entrada ao museo de todas as autoridades e comitiva

09. María Barroso e Mario Soares entrando no Claustro do Museo acompañados por Don Antonio Fraguas. Mario Soares estreita a man dunha persoa do público asistente

10-11. Mario Soares, Manuel Fraga e Don Antonio Fraguas perante o sepulcro de Castelao

12. Grupo musical no altar da Igrexa de Bonaval despois da súa actuación

13. Mario Soares e María Barroso saudando a un dos músicos

14-15. Mario Soares e María barroso visitando unha exposición temporal no andar do claustro do museo acompañados de Don Antonio Fraguas e Manuel Fraga

16-17. Mario Soares e María Barroso tomando un viño con Manuel Fraga no claustro baixo do museo

18. Mario Soares asinando no Libro de Ouro do MPG ante a presenza de Don Antonio Fraguas

19. María Barroso asinando no Libro de Ouro do MPG ante a presenza de Don Antonio Fraguas

20. Mario Soares recibindo un lote de publicacións do museo de Carlos García Martínez
MPG/Foto-101//24
Mostrar nivel inferior