Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.05 - Documentos alleos
01.07.05.02 - Documentación familiar
01.07.05.02.06 - Mercedes Blanco-Cicerón García
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.07.05.02.06.//RBC/Foto-22//048


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-22//048

1.2. Título

Retrato de Mercedes Blanco-Cicerón

1.3. Datas

1914, ca. . Barcelona

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 140 x 87 mm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Niepce Estudio Fotográfico, Fotógrafos (Barcelona) Busquets Saborit, Ignasi Fabregat Díaz, Josep

Blanco-Cicerón García, Mercedes, 1890-1924

2.2 Historia Institucional/Biografía

`Niepce`, establecemento aberto no ano 1914 por Ignasi Busquets Saborit, co apelido do inventor francés precursor da Nicéphore Niépce. Estudo especializado en retratos familiares, situada no número 22 da rúa Fontanella, esquina Bilbao. Voi un dos estudos fotigráficos máis emblemáticos da cidade. O negocio pasou de padres a fillos durante catro xeracións. Niepce, facía fotografías persoais, de cor sepia, que se entregaban ao cliente en formato de tarxeta postal para enviar aos amigos e familiares.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

En formato vertical, retrato feminino, de pé, de corpo enteiro lixeiramente xirado. A muller leva saia de flores, camisa branca, corpiño negro e un pequeno mandil branco. Leva o cabelo recollido en dúas trenzas sobre os ombreiros e o peito; nos pés, medias brancas e zapatos escuros. De fondo unha papel pintado.

No reverso, anotación manuscrita: Mercedes Blanco-Cicerón
No anverso, mención de responsabilidade: Niepce / Fontanella 22 / Esquina-Bilbao

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Fotografía
Indumentaria

Blanco-Cicerón García, Mercedes, 1890-1924

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0000366RBC/Foto-22//048Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible