Descargar
Nivel de descrición:

Fondo

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.09.


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Victoriano García-Martí

1.4. Nivel de descrición

Fondo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

8 u.i. Papel. O estado de conservación é bo en xeral.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

García Martí, Victoriano, 1881-1966

2.2 Historia Institucional/Biografía

Nado na Pobra do Caramiñal en 1881, Victoriano García Martí foi un intelectual e erudito cuxa traxectoria deu conta, sobre todo, do seu compromiso vital cunha Galicia que, no espiritual e estético vencellou sempre a Portugal, na procura de reivindicar identitariamente a que chamaría “a esquina atlántica” no marco da España e Europa do seu tempo.
Formado inicialmente entre Compostela e Madrid ampliou estudos en París e Bruxelas, onde tivo a oportunidade de asistir aos cursos do filósofo Henri Bergson e dos sociólogos Emile Durkheim e René Worms. Foi, sobre todo, o Ateneo de Madrid, o espazo ao que dedicou os seus maiores esforzos e enerxías, desde o cargo de Secretario (baixo as presidencias de Unamuno e de Valle-Inclán, entre outros).
García Martí desenvolveu tamén un importante labor como axente cultural de Galicia en Madrid, onde tivo forte presenza no Centro Gallego. Formou parte da rede de escritores, artistas e políticos galegos na capital do Estado, e desde alí exerceu como historiador, ensaísta e crítico literario, sobre todo, na difusión e posta en valor da produción literaria de autores galegos. Por outra parte, en escritos como `Impresiones de Galicia` (1922), `Una punta de Europa` (1927), ou `De la zona atlántica (Galicia y Portugal)` (1934) focou os problemas que consideraba de mais urxente resolución para o país, instando á responsabilidade dos intelectuais na reculturización da Galiza. E subliñou, dacordo co ideario intuicionista de inicios do século XX,... Ver máis

2.3. Historia Archivística

Os fondos ingresaron no Museo do Pobo Galego a través das doazóns de Eduardo e Carmen Beiras García, dous sobriños de Victoriano García Martí. A documentación chegou en parte cunha mínima organización.
Xunto co arquivo ingresou tamén un conxunto de exemplares da súa obra.
O estado de conservación é bastante bo en xeral; aínda así, por protocolo do Museo, procedeuse a unha desinsectación e limpeza dos fondos.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Eduardo Beiras García e Carmen Beiras García
2011, 2017, 2020

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Os fondos que recolle o arquivo de Victoriano García-Martí están principalmente relacionados coa súa faceta intelectual: documentos manuscritos e mecanografados das súas obras, xunto con borradores e material acumulado no proceso de estudo e desenvolvemento dos seus traballos, e unha ampla colección de recortes de prensa cos seus artigos xornalísticos e a súa vida social e intelectual. Inclúe correspondencia con persoas de renome da época. Tamén algunha que outra documentación tanto de orixe público como privado, principalmente do relacionado co seu paso polo penal de Burgos durante a Guerra Civil. Se ben unha gran parte da documentación é de carácter textual, tamén hai que sinalar a presenza de documentos gráficos, como é o caso de fotografías familiares e persoais, e debuxos.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.4. Organización

Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.09.01 Documentos persoais. 01.09.01.01 Títulos, honras e premios. 01.09.01.02 Documentos identificativos. 01.09.01.03. Estudos e formación académica. 01.09.01.04 Correspondencia. 01.09.01.05 Invitacións a actos. 01.09.01.06 Fotografías. 01.09.02 Documentos patrimoniais. 01.09.03 Documentos de función privada. 01.09.03.01 Ateneo de Madrid. 01.09.03.02. Xornalismo 01.09.04 Documentos alleos. 01.09.04.01 Documentación familiar. 01.09.05 Coleccións de recortes (artigos e reseñas)

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados polo propio titular da documentación, aos que se lles aplica a restricción marcada pola lei vixente.
O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

O estado de conservación é bo en xeral.

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Casanova Fernández, Fernando. `Victoriano García Martí: paisajes literarios de una vida`. A Pobra do Caramiñal, 2003.
Mascato Rey, Rosario. `Tiempo y modernidad: Bergson, Valle-Inclán y García Martí`, en Cuadrante, n. 16 (2007) : 149-159
Mascato Rey, Rosario. `Valle-Inclán lusófilo: documentos (1900-1936)`. Lugo, 2013.
Mascato Rey, Rosario. `García Martí, Otero Pedrayo e as “Obras completas” de Rosalía de Castro: novos documentos para a análise`, en Agália (A Coruña), n. 112 (2º semestre 2015), pp. 123-147
Sánchez Rodríguez, Ramón. `Victoriano García Martí: arredor da vida e a morte`. Santiago de Compostela, 1995.
Sánchez Rodríguez, Ramón. `Victoriano García Martí`. A Coruña, 2002.

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1856 (1) 1881 (3)
01.09.01 Documentos persoais

01.09.02 Documentos de función

01.09.03 Documentos alleos

01.09.04 Miscelánea

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000004901.09Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible