Os documentos están relacionados con membros da familia Fernández: Documentación patrimonial e persoal (fes de bautismo, testamentos, herdanzas e escrituras de repartimento; así como a relacionada coas casas pertencentes a esta familia); documentos de venda, troco e arrendamentos realizados nos concellos de Silleda, A Estrada e Lalín principalmente, e é tamén importante a presenza de documentos xudiciais (denuncias, preitos, sentencias...) de distintos procesos que implicaron a membros desta familia; así mesmo e debido a que un dos membros, Antonio Fernández, era cura presbítero, hai diversos documentos eclesiásticos, a maior parte deles procedentes do Bispado de Lugo, relacionados coa súa función eclesiástica.
O fondo se completa con documentación varia, de diversa tipoloxía relacionada con actividades da familia ou dos seus veciños.
Finalmente, a doazón inclúe unha serie de obxectos que se incorporan tamén aos fondos do Museo