Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.01 - Coleccións de documentos textuais
01.07.06.01.11 - Miscelánea
RBC/Caixa190-02 - Reforma do Cuartel de Santa Isabel en 1755
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.07.06.01.11.//RBC/Caixa190-02//15


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Caixa190-02//15

1.2. Título

Auto de José Manuel de Villena, sobre o libramento de cartos para pagar ao arquitecto do cuartel de Santa Isabel

1.3. Datas

1755-12-13 . Coruña

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 la(s) ; 30.5 x 21 cm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Villena y Guadalfajara, José Manuel de, Marqués de Gauna, 1711-1770

2.2 Historia Institucional/Biografía

Marqués de Gauna, foi Cabaleiro de Xustiza da Orde de San Xoán e primer marqués do Real Tesouro. Garda marina no Departamento de Cádiz desde 1727, só dous anos máis tarde ascendeu a alférez de navío, despois a tenente de fragata, tenente de navío, capitán de fragata, capitán de navío, e xefe de escuadra ata chegar a tenente xeneral en 1774. Ao mando de distintas fragatas e navíos sostivo varias accións de guerra e tivo ao seu cargo a flota que pasou pola A Habana e Veracruz. En 1749 era comisario xeral do Real Corpo de Artillería de Marina, ata que foi presidente da Casa da Contratación, tomando posesión en Cádiz en 1763 e no que se mantivo ata a súa promoción a unha praza de ministro do Consello de Guerra en 1774

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Comunicación do rexente da Real Audiencia do Reino de Galicia, sobre a libranza de cartos para pagar os traballos xa realizados polo arquitecto nas obras do cuartel de Santa Isabel

Papel oficial con selo húmido de Fernado VI

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

O documento forma parte dun conxunto sobre a obra do cuartel de Santa Isabel, estruturado por meses e polos anos 1754 e 1755

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Correspondencia
Arquitectura

Villena y Guadalfajara, José Manuel de, Marqués de Gauna, 1711-1770

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0004873RBC/Caixa190-02//15Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible