Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.12 - Fotografías

Retrato de Sixto Pereira
1895, ca.
1 fotografía(s), carte-de-visite. : Positivo en branco e negro ; 92 x 55 mm. sobre cartón 105 x 64 mm. Papel.. Bo.
0
A fotografía forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais. Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade.
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudo que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo. Foi moi popular nos anos 1863-1865.
No reverso, decicatoria manuscrita: A mi querido / amigo Enrique / en prueba del cariño / que le profesa / Sixto Pereira
No reverso, selo húmido con mención de responsabilidade: Ernesto Carrero Goyanes / Fotografo / Santiago
En formato vertical, retrato de home de busto e frontal. Leva chaqué con camisa branca e cabelos engomados.
Castelán
FamAC/Foto-19//80
Mostrar nivel inferior