Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.01 - Coleccións de documentos textuais
01.07.06.01.11 - Miscelánea
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.07.06.01.11.//RBC/Caixa152-36


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Caixa152-36
Signatura antigua
BC/010-33

1.2. Título

Informe xurídico sobre o litixio entre o mosteiro de Melón e o bispado de Tui

1.3. Datas

1650, ca

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

4 folla(s) ; 22 x 16 cm. Papel. Deteriorado.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

O priorato de Granxa, situado na Diócese de Tui, dentro dos límites parroquiais de Santo Tomé de Freixeiro, constituiu un único corpo xunto co mosteiro de Melón. Na casa parroquial e nas fincas do mosteiro reside un monxe colocado polo abade por un tempo fixado de determinados anos, e débelle rigurosa obediencia ao abade xunto coa súa servidume e, pola súa parte, o abade preocúpase do benestar material e espiritual dos mesmos por ser prelado. É herdado desde hai máis dun século, e asemade, proceden a dar a comuñón pascual apoiada polos diferentes abades. Pero a pesar de ser apoiada esta situación polos capítulos ordinarios, abriuse un litixio co bispo respecto da xurisdicción da zona. O avogado procede a facer indagacións respecto das características do priorato de Granxa e dos seus privilexios e características xurídicas del e dos seus membros segundo están recollidos na `Glosa De statu monachorum` (Decretales de Gregorio VI sobre a diferencia entre frades regulares e monxes, que viven no propio mosteiro). Os privilexios, exencións e inmunidades exténdese tanto para os monxes como para os regulares, que non viven no propio mosteiro, segundo Trento. Alí establécese que ao crearse un bispado, todo está baixo a xurisdicción do bispo agás aquelas cousas e persoas que pertenzan á unha familia monástica concreta, tanto regulares coma seglares. Estes, coa aprobación do seu superior, e sin necesidade de licenza do bispo, poderán proceder á comuñón pascual e tamén á confesión, de xeito... Ver máis

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Informe xurídico de Waldo, avogado e antano auditor do Cardeal Colonna de Seyarra e Stuppani e de Joannes Franzisco Zagretti, sobre un litixio de xurisdicción entre o abade de Melón e o bispo de Tui pola suxección dos seglares e a situación do priorato de Granxa.

As follas están cosidas en forma de libro.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Humanística

Latín.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Deteriorado.

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego elaborada por Iago Martínez Penabad

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Saavedra, Pegerto, 2021, La opulencia de los hijos de san Bernardo: El Císter en Galicia, c. 1480-1835, Zaragoza, Prensas de la Universidad de Zaragoza, Universidad de Zaragoza, pp. 368-370.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2019

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Mosteiro de Santa María de Melón (Ourense)

Preitos

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0001091RBC/Caixa152-36Ricardo Blanco-Cicerón 2018Disponible