Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.03 - María Núñez Pené
01.08.03.02 - Documentos persoais
01.08.03.02.02 - Fotografías

Retrato de María Núñez Pené
1885, ca
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 97 x 190 mm. sobre cartón 101 x 228 mm. Papel.. Deteriorado.
0
A fotografía forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais. Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade.
No anverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: Valentín - Carrª, Sn Geronimo, 16 / Madrid
No reverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: Valentín Gomez / Fotografo / De S.S.M.M y A.A.R.R / Carrª de Sn Jerónimo 16 / Madrid
En formato vertical retrato feminino, de busto e frontal. A muller, leva chaquetiña con mangas voluminosas, motivos encaixe no escote en `V` e colo alto, adornado cun broche en forma de media lúa; ten os cabelos recollidos no alto da cabeza cun moño.
Castelán
FamAC/Foto-25//11
Mostrar nivel inferior