1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./02.02.
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
1.2. Título
Clube Nacionalista Alén Nós
1.3. Datas
1986 / 1998 1986
1.4. Nivel de descrición
Fondo
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
Papel e material audiovisual.
25 u.i.
2.1. Produtor-Institución
Clube Nacionalista Alén Nós2.2 Historia Institucional/Biografía
O Clube Nacionalista Alén Nós é un grupo de debate político galego constituído en 1986.
Logo do éxito electoral de Coalición Galega nas eleccións autonómicas de 1985, algúns nacionalistas vinculados ao partido decidiron crear un grupo de debate para estruturar un galeguismo asumible como fórmula política. O fundador e primeiro presidente foi Luciano García Alén, coa colaboración de Perfecto Yebra Martul-Ortega que asumiu o secretariado. Os primeiros integrantes do club foron Xosé Manuel Barreiro, Xesús Couceiro Rivas, José Manuel García Iglesias, José Antonio Gómez Segade, Xosé Manuel González Reboredo e María Luisa Sobrino Manzanares. Realizou conferencias e táboas redondas.
2.4. Forma do ingreso
Depósito
Alberte Brenlla González, representante do CNAN
2014
3.1. Alcance e contido
No ano 2014 chega ao Museo, en concepto de depósito, o arquivo do CNAN.
O clube nasceu tralo éxito electoral de Coalición Galega nas eleccións autonómicas de 1985, cando algúns nacionalistas vinculados ao partido decidiron crear un grupo de debate, con charlas e conferencias organizadas, para estruturar un galeguismo asumible como fórmula política. O fundador e primeiro presidente foi Luciano García Alén, coa colaboración de Perfecto Yebra Martul-Ortega que asumiu o secretariado. Os primeiros integrantes do clube foron Xosé Manuel Barreiro, Xesús Couceiro Rivas, José Manuel García Iglesias, José Antonio Gómez Segade, Xosé Manuel González Reboredo e María Luisa Sobrino Manzanares.
O depósito inclúe os documentos propios do desenvolvemento habitual dunha entidade coma esta: Documentos fundacionais (Estatutos, carta fundacional, permisos...), documentos de xestión (Órganos de goberno, fichas de socios, finanzas, correspondencia...), documentos de actividades (Invitacións, notas manuscritas e mecanografadas, recortes de prensa... referentes ás conferencias, mesas redondas e outras actividades do Clube). Xunto a este fondo documental, unha ampla coleción fotográfica en papel e casetes onde se recollen, respectivamente, as imaxes e o sons dos participantes nas accións dos Clube (Entre outros: Barreiro Rivas, Beiras Torrado, Lisón Tolosana, Méndez Ferrín, Pujol, Trias Fargas...)
4.1. Condicións de acceso
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
nº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000063 | 02.02 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |