Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
01.07.01.05 - Fotografías
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15703.AMPG./01.07.01.05.//RBC/Foto-11//010


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-11//010

1.2. Título

Retrato de voda de Benigno e Pura, curmáns de Ricardo e Herminia

[S.n.]

1.3. Datas

1876-07-30 . Roma

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 222 x 157 mm. sobre cartón 252 x 171 mm. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Fratelli D`Alessandri, Fotógrafos (Roma) D`Alessandri, Antonio D`Alessandri, Paolo Francesco

2.2 Historia Institucional/Biografía

Fratelli D`Alessandri, formado polos irmáns Antonio D`Alessandri (1818-1893) e Paolo Francesco D`Alessandri (1824-1889) foron dous fotógrafos italianos que traballaron principalmente en Roma. O seu laboratorio foi o primeiro estudo profesional aberto na capital italiana. Antonio que foi sacerdote católico tivo que solicitar un dispensa para exercer libremente o oficio de fotógrafo.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato de parella de corpo enteiro, de pé, frontal e vestidos de cerimonia de voda. Ela leva traxe con longo veo e coroa na cabeza, el chaqué cos cabelos ao medio engomados, leva as luvas brancas na su man esquerda e a dereita entrelazada na da muller.

No anverso cartón, mención de responsabilidade: `Fratelli D`Alessandri - Roma`.
No reverso, manuscrito: `Dedicado a nuestro primos Ricardo y / Herminia en prueba de cariño y / como recuerdo del dia de nuestro / enlace, efectuado en Roma el / 30 de Junio de 1817 [sic]`

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

5.4. Nota de Publicacións

[S.n.]

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Italia-Roma

Indumentaria - Moda internacional
Fotografías
Casamentos

8.3. Datos adicionales: Editor si procede

[S.n.]

8.9. Datos adicionais. Cobertura

Italia-Roma

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0003099RBC/Foto-11//010Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible