Tarxeta de visita da Abadesa e da Comunidade de Santa Clara de Monforte a Ricardo Blanco-Cicerón
1 folla(s) ; 6.5 x 10.3 cm. Papel. Bo.
No anverso, impresa, a imaxe do escudo da orde franciscana.
No anverso, impreso, o cargo da titular, o lugar, ademais de mensaxe manuscrita, sobre a ausencia do destinatario á festa de Santa Clara, nota que tamén continúa polo reverso. Informa sobre o retiro de Sor Mercedes, filla de Ricardo Blanco-Cicerón.