Ditame sobre unha consulta de vinculación nunha herdanza
1869-03-27
2 folla(s) ; 43 x 31 cm. Papel. Deteriorado.
O documento, orixinalmente dunha soa folla, inclúe un cadro xenealóxico na primeira folla e dous buratos recortados onde había selos en seco.
Ditame en resposta á consulta realizada por N. Varela en canto a dúbidas respecto ao reparto da herdanza de Gregorio Ares entre os seus descendentes sobre as leis de vinculacións.