Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

[Peliqueiros de Laza]
1925
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 122 x 170 mm. Papel. Bo.
0
Esta fotografía é parella doutra que se conserva no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, formando parte do Fondo Xaquín Lorenzo.
Vista de dous peliqueiros nunha rúa de Laza, vestidos co traxe de peliqueiro: a máscara, camisa, chaqueta, pano sobre os ombreiros, faixa, cinto con chocas, calzóns curtos adornados con flocos e pompóns, medias e zapatos. O da esquerda leva a careta levantada e mira para o chan; na súa man dereita sostén a zamarra, unha especie de látego de coiro con mango de madeira. O da dereita está de costas, o que permite ver a pelella posterior da carauta; tamén leva a zamarra na man dereita. Ao redor, varios rapaces sen disfrazar.
CFX/Foto-29//27
Mostrar nivel inferior