Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.05 - Documentos alleos
01.07.05.02 - Documentación familiar
01.07.05.02.03 - Concha Blanco Cicerón García
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.07.05.02.03.//RBC/Foto-16//072


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-16//072

1.2. Título

Retrato Concha Castroviejo Blanco-Ciceron

[S.n.]

1.3. Datas

1925-07-15 . Orense

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía (s). : Positivo en branco e negro ; 108 x 80 mm. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )

Castroviejo Blanco-Cicerón, Concha . (Castroviejo Blanco-Cicerón, Concepción), 1910-1995

2.2 Historia Institucional/Biografía

Luis Casado naceu en Avila e criouse en Ourense a onde foi vivir con seis anos. Con dez anos de idade comezou a súa andaina no oficio de fotógrafo, ao entrar coma aprendiz no estudo de Xosé Pacheco ata que en 1915 establecese pola súa conta xa na cidade de Compostela, no nº 23 da Rúa do Vilar. En 1922 expande o seu negocio a Vigo, abrindo un estudo na rúa Urzaiz; será súa irmá Carmiña que quede a cargo do establecemento de Santiago. En 1937 pecha o seu estudo de Vigo e retorna a Compostela, centrándose nas labores habituais dun estudo fotográfico.
Concha Castroviejo estudou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde contacta e se integra nos círculos da mocidade entusiasta coa II República; entre outros, Paco Comesaña, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quen ennoiva. Ían casar o 25 de xullo de 1936. O golpe de estado militar e a Guerra cámbiano todo. Testifica a favor de Paco Comesaña no xuízo sumarísimo que se segue contra el en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1936, acusado de comunista e alterador de masas. Isto colócaa nunha posición difícil e busca como saír.
A comezos de 1937 e marcha para Bordeos. Logo reúnese con Seijo en Valencia, onde casan. Trasládase a vivir a Barcelona até febreiro de 1939 que tivo que fuxir a Francia. Consegue chegar a Bordeos e alí vive até que marcha para México.
En decembro de 1949 regresa a Galiza coa súa filla María Antonia Seijo, de 8 anos. De 1951 a 1953 traballa en La Noche, o diario vespertino... Ver máis

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato feminino de busto, de fronte en formato oval. Nena co rostro enmnarcado por mantela negra de encaixe, sobre `peineta` española. Leva vestido gris, con crucifixo colgado sobre o peito.

No reverso, texto manuscrito: `Querida Muma. Para que te /acuerdes de tu prima que mu / cho te quiere / Conchita / Orense 15-7-1925`
No anverso, mención de responsabilidad, estampada: Ksado / Santiago

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

5.4. Nota de Publicacións

[S.n.]

6.1 Nota xeral

Concha Castroviejo Blanco-Cicerón foi filla de Concha Blanco-Cicerón García e Amando Castroviejo Nobajas, polo tanto neta de Ricardo Blanco-Cicerón

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

A Coruña-Santiago de Compostela

Fotografías

Castroviejo Blanco-Cicerón, Concha . (Castroviejo Blanco-Cicerón, Concepción), 1910-1995

8.3. Datos adicionales: Editor si procede

[S.n.]

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Santiago de Compostela

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0002337RBC/Foto-16//072Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible