Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

01 ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES

01.07 Ricardo Blanco-Cicerón

01.07.05 Documentos alleos

01.07.05.02 Documentación familiar

01.07.05.02.03 Concha Blanco Cicerón García


040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e#HEREDA# $fRBC/Foto-17//029
091 $cIMAGE
100 $aChicharro Bisi, Manuel $d1849-1924 $eFotógrafo $vSantiago de Compostela
245 $aRetrato Concha Castroviejo Blanco-Cicerón
260 $b[S.n.]
300 $a1 fotografía(s), carte-de-visite. $bPositivo en branco e negro $c90 x 59 mm. sobre cartón de 101 x 67 mm. $hPapel. $iBo
337 $a0
500 $aAs cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudo que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
505 $aNo anverso, mención de responsabilidade, impresa: Chicharro Santiago.
505 $aNo reverso, manuscrito: Agosto de 1913 / Conchita / Castroviejo / Blanco-Cicerón.
506 $a#HEREDA#
520 $aRetrato infantil de busto, sobre fondo neutro de cor branca. A figura leva vestimenta branca e os cabelos moi curtos case rapados.
530 $aNon existen copias
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $a#HEREDA#
541 $aFernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo $cDoazón $d2012 e 2016
545 $aFotógrafo e intelectual galego que participou na sociedade do seu tempo (foi membro da Sociedade Económica de Amigos do País) e na política municipal de Compostela. Aprendeu o oficio desde moi novo na Coruña co maestro, Luis Sellier. En 1877 abre estudo fotográfico en Santiago, destacando como retratista de gabinete e como fotógrafo comercial inmortalizando, entre outras cousas, os fondos artísticos e documentais do museo da catedral, incluído o Códice Calixtino. Algunas das súas fotografías foron premiadas en exposicións de carácter internacional, como a Exposición Universal de París, en 1889, ou a de Chicago en 1893. Destaca a súa obra `Compostela monumental` de 1884, un porfolio con vintecatro fotografías da cidade acompañadas dun texto do historiador Bernardo Barreiro; considerada o primeiro libro de fotografías impresas editado por un fotógrafo galego en Galicia. Colaborou con publicacións da época, como a revista Galicia Moderna, editada en Pontevedra. Poseía o título honorífico de fotógrafo da Real Casa otorgado polo rei Afonso XII e condecorado coa Cruz de Isabel a Católica
545 $aConcha Castroviejo estudou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde contacta e se integra nos círculos da mocidade entusiasta coa II República; entre outros, Paco Comesaña, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quen ennoiva. Ían casar o 25 de xullo de 1936. O golpe de estado militar e a Guerra cámbiano todo. Testifica a favor de Paco Comesaña no xuízo sumarísimo que se segue contra el en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1936, acusado de comunista e alterador de masas. Isto colócaa nunha posición difícil e busca como saír. A comezos de 1937 e marcha para Bordeos. Logo reúnese con Seijo en Valencia, onde casan. Trasládase a vivir a Barcelona até febreiro de 1939 que tivo que fuxir a Francia. Consegue chegar a Bordeos e alí vive até que marcha para México. En decembro de 1949 regresa a Galiza coa súa filla María Antonia Seijo, de 8 anos. De 1951 a 1953 traballa en La Noche, o diario vespertino de Compostela asinando como Concha Castroviejo e baixo o pseudónimo de Asela. En setembro de 1953 marcha para Madrid a traballar no diario Informaciones como columnista. Entre 1962-1966 exerce de titular da crítica e contribúe ao boom da literatura hispanoamericana. É das pouquísimas mulleres que realizan este labor e a única que neses anos forma parte do xurado dos honoríficos e prestixiosos Premios da Crítica. Tamén formou parte da Asociación Internacional de Críticos Literarios.
546 $aCastelán
567 $aDescrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021
592 $f1913-08-00 $gSantiago
650 $aFamilia
650 $aFotografías
651 $aA Coruña-Santiago de Compostela
700 $aCastroviejo Blanco-Cicerón, Concha $qCastroviejo Blanco-Cicerón, Concepción $d1910-1995
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
0002010RBC/Foto-17//029Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible para préstamo