1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.07.05.02.03.//RBC/Foto-11//45
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Foto-11//45
Signatura antigua
BC0660
1.2. Título
Retrato de voda Concha Blanco Cicerón e Amando Castroviejo Nobajas
1.3. Datas
1907-02-02 . Santiago
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 215 x 150 mm. sobre cartón de 283 x 202mm. Papel.. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Díaz Escribano, Raimundo, 1855-1916, Fotógrafo . (Santiago de Compostela ) Castroviejo Nobajas, Amando, 1874-19342.2 Historia Institucional/Biografía
Escribano, foi un fotógrafo que desenvolveu a súa actividade en Compostela entre 1897 e 1916, con estudos na Rúa do Inferniño, e na rúa do Vilar. Cultivou temática variada, destacando a fotografía monumental. Principalmente o retrato, a fotografía necrolóxica e a infancia, amais de persoeiros eclesiásticos, da universidade e da alta sociedade.
Amando Castroviejo Nobajas naceu en Sorzano (A Rioxa) en 1874 e finou en Santiago de Compostela no ano 1934. Foi catedrático de Dereito Político da Universidade de Granada (1896) e despois catedrático de Economía e Facenda da Universidade de Sevilla. Dende 1907, foi catedrático de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela. Precisamente é nese ano cando casa con Concha Blanco Cicerón, ca que tivo 4 fillos: Xosé María, Concha, Pilar e Ana María, quen a súa vez casou con Darío Acuña Lagos.
Home de profundas conviccións relixiosas, estas se reflicten na súa faceta política, foi propagandista do agrarismo católico, do catolicismo social e impulsor da Previsión Social. Foi concelleiro de Santiago de Compostela na ditadura de Primo de Rivera e promotor da democracia cristiá. Colaborou en Cronique Sociel de France, Revue Catolique de Cuestions Sociales e Revista de Ciencias Sociales. Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Retrato de parella, de corpo enteiro e frontal. A muller leva vestido branco con corsé e cola, luvas brancas e un abano na súa man dereita, cos cabelos recollidos. O home, viste frac, gravata de lazo branca e luvas da mesma cor. Ao fondo, dúas mesas de xardín redondas.
No anverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: `R. Escribano Rua del Villar 54 / Santiago`
No reverso anotación manuscrita posterior: Concepción Blanco-Cicerón García / Amando Castroviejo Nobajas / Santiago / Fecha boda 2-febrero 1907
Cartón decorado con orla perimetral de flores.
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
0
4.5. Instrumentos de descrición
Instrumentos de descriciónBase de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
#HEREDA#
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
A Coruña-Santiago de Compostela Casamentos8.9. Datos adicionais. Cobertura
A Coruña-Santiago de Compostelanº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0004910 | RBC/Foto-11//45 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |