Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.03 - María Núñez Pené
01.08.03.02 - Documentos persoais
01.08.03.02.02 - Fotografías

Retrato de María Núñez Pené e da súa filla Pura
Madrid : Photo-Hall
1915, ca.
1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 106 x 77 mm. Papel.. Bo.
0
A postal forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais. Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade.
No reverso, anotación manuscrita
En formato vertical, retrato de dúas mulleres de corpo enteiro e frontal. Na esquerda, e de pé, rapaza con traxe dúas pezas con camisa branca. Na dereita, sedente, muller con chaquetiña escura e camisa branca con puños de encaixe, e coas mans sobre as pernas. Ao fondo un bosque.
Castelán
FamAC/Foto-22//017
Mostrar nivel inferior