Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

01 ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES

01.07 Ricardo Blanco-Cicerón

01.07.01 Documentos persoais

01.07.01.05 Fotografías


040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e#HEREDA# $fRBC/Foto-13//55
091 $cIMAGE
100 $aKsado $d1888-1972 $eFotógrafo $qCasado Fernández, Luís $vSantiago de Compostela
245 $aRetrato de José María e Concha Castroviejo Blanco-Cicerón
300 $a1 fotografía(s) $bPositivo en branco e negro $c132 x 82 mm. sobre cartón 164 x 109 mm. $hPapel. $iDeteriorado
337 $a0
505 $aNo anverso, estampada, mención de responsabilidade: Ksado.
506 $a#HEREDA#
520 $aRetrato de parella, de corpo enteiro, frontal e de pé. As dúas figuras vestidas de mariñeiros, á esquerda con saia curta, Conchita, a dereita de pantalón curto, José María.
530 $aNon existen copias
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $a#HEREDA#
541 $aFernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo $cDoazón $d2012 e 2016
545 $aLuis Casado naceu en Avila e criouse en Ourense a onde foi vivir con seis anos. Con dez anos de idade comezou a súa andaina no oficio de fotógrafo, ao entrar coma aprendiz no estudo de Xosé Pacheco ata que en 1915 establecese pola súa conta xa na cidade de Compostela, no nº 23 da Rúa do Vilar. En 1922 expande o seu negocio a Vigo, abrindo un estudo na rúa Urzaiz; será súa irmá Carmiña que quede a cargo do establecemento de Santiago. En 1937 pecha o seu estudo de Vigo e retorna a Compostela, centrándose nas labores habituais dun estudo fotográfico.
545 $aJosé Mª Castroviejo estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó; posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange. Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do alzamento nacional uniuse ás forzas sublevadas, e combateu no exército «nacional». Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego, pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas. A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento. Os seus principais traballos centráronse na poesía, aínda que tamén cultivou a prosa, colaborando en varios libros con Álvaro Cunqueiro e escribiu unha peza teatral. Colaborou na revista Nós en 1931 cun poema e defendeu o uso da lingua galega fronte ao director xeral de Prensa.
545 $aConcha Castroviejo estudou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde contacta e se integra nos círculos da mocidade entusiasta coa II República; entre outros, Paco Comesaña, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quen ennoiva. Ían casar o 25 de xullo de 1936. O golpe de estado militar e a Guerra cámbiano todo. Testifica a favor de Paco Comesaña no xuízo sumarísimo que se segue contra el en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1936, acusado de comunista e alterador de masas. Isto colócaa nunha posición difícil e busca como saír. A comezos de 1937 e marcha para Bordeos. Logo reúnese con Seijo en Valencia, onde casan. Trasládase a vivir a Barcelona até febreiro de 1939 que tivo que fuxir a Francia. Consegue chegar a Bordeos e alí vive até que marcha para México. En decembro de 1949 regresa a Galiza coa súa filla María Antonia Seijo, de 8 anos. De 1951 a 1953 traballa en La Noche, o diario vespertino de Compostela asinando como Concha Castroviejo e baixo o pseudónimo de Asela. En setembro de 1953 marcha para Madrid a traballar no diario Informaciones como columnista. Entre 1962-1966 exerce de titular da crítica e contribúe ao boom da literatura hispanoamericana. É das pouquísimas mulleres que realizan este labor e a única que neses anos forma parte do xurado dos honoríficos e prestixiosos Premios da Crítica. Tamén formou parte da Asociación Internacional de Críticos Literarios
546 $aCastelán
567 $aDescrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.
592 $f1920, ca.
650 $aFamilia
650 $aFotografías
700 $aCastroviejo Blanco-Cicerón, José María $d1909-1983
700 $aCastroviejo Blanco-Cicerón, Concha $qCastroviejo Blanco-Cicerón, Concepción $d1910-1995
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
0004615RBC/Foto-13//55Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible para préstamo