Descargar
Nivel de descrición:

Serie

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.23 - Clodio González Pérez
01.23.06 - Miscelánea
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.23.06.02.


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Actividades culturais

1.4. Nivel de descrición

Serie

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

Papel.

2. Área de contexto

2.3. Historia Archivística

Os fondos ingresan no Museo do Pobo Galego de maneira fluida e constante traídos polo propio Clodio González Pérez ata a data actual.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Clodio González Pérez

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Documentos de formato variado sobre diversas actividades culturais (Día das Letras Galegas,...)

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está prevista ningunha eliminación

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Con continuas entradas de novos documentos

3.4. Organización

Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.23.01 Documentos persoais. 01.23.02 Documentos patrimoniais. 01.23.03 Documentos de función. 01.23.04 Documentos de función privada. 01.07.05 Documentos alleos. 01.23.06 Coleccións facticias

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Galego. Castelán. Portugués

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

Items .. 1989 (1) 1990 (1) 1991 (1) 1996 (1)
CGP/P3-Cultura. Concello da Estrada, Maio cultural, 1990 do 17 ó 27

CGP/P3-Cultura. Maio cultural : as nosas letras 96

CGP/P3-Cultura. XXIII Xornadas de Folclore Galego, Santiago de Compostela, do 18 ó 21 de xullo, 1991

CGP/P3-Cultura. IX Concurso de Rondallas e Ranchos de Reis

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000009001.23.06.02Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible