Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.05 - Documentos alleos
01.07.05.01 - Exposición Regional de 1909-Sección Arqueoloxía
01.07.05.01.01 - Organización da Exposición
RBC/Foto-01/12 - Fotografías

[Tres cruces procesionais]
1909-00-00
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 85 x 174 mm. Papel.. Bo.
0
0
Data estimada pola celebración da Exposición Regional Gallega de 1909
Tres cruces procesionais sobre fondo de tecido escuro que suxeitan dúas persoas. A da esquerda: Cristo crucificado no tambor enriba da macolla redonda gravada e orlada con garfios, os catro brazos con ornamentos xeométricos rematan en vieiras; a da dereita ten figuras nos extremos dos catro brazos, no eixe unha escena relixiosa e a macolla gravada con figuras xeométricas; e a central é a mais alta, cun Cristo crucificado no eixe sobre o sol e a lúa, deteriorado no cuarto inferior dereito, os catro brazos rematados con ornatos e macolla orlada e gravada con figuras vexetais.
RBC/Foto-12//058
Mostrar nivel inferior